Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Listaxe definitiva de admitidas e admitidos curso 2022/23

 

Dende hoxe están expostos no taboleiro de anuncios do colexio o listado definitifo de alumnos e alumnas admitidos  para o curso 2022/23

Prazo para a formalización da matrícula20-30  de xuño.

No mes de Xuño publicaremos na web a relación de documentación a presentar así como se vai a levar a cabo o proceso

Concreción Curricular. Orde 25 xaneiro 2022

De acordo coa Disposición transitoria cuarta da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa relativa á avaliación e promoción en primaria, procedemos a publicar un documento no que se atopa  toda a información sobre a concreción curricular.

 

Radio escolar Garcibón

O centro participa no proxecto “Radio na biblio”, o cal posibilita a introdución da radio nas bibliotecas escolares e, por medio da cal, pretendemos que o  alumnado desenrole a súa competencia oral e comunicativa

O 13 de febreiro celebrouse o día Mundial da Radio, e como non, a radio escolar do CEIP Plurilingüe García Barbón quixo sumarse a celebración deste día emitindo o noso primeiro programa

Queremos agradecer a todo o equipo da radio, o esforzo realizado para sacar este programa e por transmitir a paixón por esta forma de comunicación

Esperamos que o disfrutedes! . Clica na imaxe

 

 

Enlace ao blog da biiblio, onde atoparedes toda a información sobre a radio e outras propostas e retos que se dinamizan dende a biblioteca

 

 

Dia da Paz

O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Paz e da non violencia, unha asignatura na que todos e todas debemos esforzarnos en sacar a mellor nota posible

No colexio Plurilingüe García Barbón cremos nunha educación inspirada na cultura da non violencia e da paz, que permita a o noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras prersoas.

 

Onte todos e todas xuntos comprometémonos a mellorar día a día a convivencia no noso cole cantando Todos somos capitáns 

 

 

A continuación poderedes escoitar, un podcast que fixemos na radio escolar para celebrar este día relacionandoo coa paz que nos transmite o Camiño de Santiago

 

 

Actualización pautas de actuación por COVID

A dirección Xeral de Saúde Pública confirmou as novas pautas de actuación que se van a levar a cabo no caso de aparición dun positivo por COVID-19, como consecuencia de pasar dunha fase de contención a unha de mitigación. 

Liñas de actuación: 

  • Síntomas compatibles coa COVID-19 

  • Illamento domiciliario 

  • Pedir cita co/ca médico/a de atención primaria 

  • Test de antíxenos con resultado positivo 

  • Illamento domiciliario 

  • Comunicación (1 destas posibilidades) 

  • Pauta de actuación 

  • Permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas, durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo vixiancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días” 

  • Non acudir ao centro 

  • A nivel de aula 

  • Menos de 5 casos positivos 

  • Non xenera contactos estreitos ( a excepción de alumnado con inmunosupresión) 

  • Extremar precaucións e reducir as interaccións sociais 

  • Evitar contactos con persoas vulnerables 

  • 5 ou máis casos de infección activa o ata o 20% ( no plazo de 7 días) do alumnado dunha clase, seguírase as indicacións que determine Sanidade  

Dende o centro queremos lembrar a necesidade de seguir as directrices das autoridades sanitarias e da Consellería de Educación para protexernos todos e todas e asegurar a presencialidade do ensino nestes momentos de alta transmisión comunitaria 

 

 

 

Vídeo nadal 2021

Compartimos o vídeo de felicitación do Nadal 2021, no que alumnado e profesorado desexan que teñades un FELIZ NADAL E  E PRÓSPERO ANO 2022

 

Distribuir contido


by Dr. Radut