Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

A filantropía

Os valores da arte

O 26 de abril de 1937 a localidade vasca de Guernica foi bombardeada. Os xornais franceses titularon a noticia como “O máis horrible bombardeo desde o comezo da guerra”. Consternado, Picasso elaborou un cadro de máis de 7 metros de longo. A obra, dominada pola cor negra, escenifica os espantos da guerra.

O luns 13 de novembro un grupo de alumnos/as da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) xunto co seu mestre Darío Basso fixeron entrega ao colexio dun postscripto do Guernica. O tema da nai co fillo, un dos máis significativos motivos incluidos no Guernica, está agora pendurado nunha parede do noso centro.

Por que?

A filantropía, o acto de dar sen querer recibir nada a cambio. Darío Álvarez Basso, precursor da iniciativa, sabe da importancia de compartir xa que el mesmo cedeu a súa biblioteca persoal á escola onde traballa.

Que une a ambos centros?

O mecenas e empresario galego José García Barbón (Verín 1831, Vigo 1909)  legou á cidade de Vigo os terreos onde se asenta a EMAO e o noso colexio. Foi por iso que este grupo de alumnos/as e o seu mestre decidiron que o Colexio Plurilingüe García Barbón ía ser o lugar ideal para que os nosos estudantes disfrutasen do seu traballo e que puidesen comprender así o mundo desde diversas linguaxes.

Recibimos con honra esta obra e agradecemos profundamente a doazón deste fermoso cadro xa que cremos que a arte non só transmite emocións senón tamén mensaxes que nos fan reflexionar.

Calendario escolar 2023-24

Consulta do DOG

 

CALENDARIO ESCOLAR 2023/2024

Mes

Día

Lenda

Setembro

11

Inicio da actividade lectiva nas etapas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria

Outubro

12

Festa nacional

 

13

Día non lectivo. Aprobado pola Xefatura Territorial de Educación

Novembro

1

Día de todos os santos

Decembro

6  e 8

Festivos nacionais 

7

Día do ensino

22 a 31

 Nadal

Xaneiro

1-7

Febreiro

12-14

Entroido

Marzo

25-1 abril

Semana Santa (ambos incluídos)

Maio

17

Día das Letras Galegas – Festivo autonómico

20

Día non lectivo. Aprobado pola Xefatura Territorial de Educación

Xuño

21

Remate da actividade lectiva

A por un curso de alu-cine

Luces, cámaras e acción… porque no García Barbón xa temos todo preparado para a gran estrea do curso 2023-24. Agardamos que alumnado e familias desfrutedes moito deste novo curso e pasedes un curso de alucine!
Feliz curso!

 

Calendario reunións iniciais

Adxuntamos un calendario para as reunións iniciais nas que informaremos sobre aspectos xerais do curso académico que estamos a punto de empezar e dar acollida as novas familias.

 

 

 

Martes 12-09

Martes 19-09

 

Pavillón

Sala usos múltiples

Pavillón

Sala usos múltiples

17:00

17:45

5º EI

6º EI

Entrega de libros de texto Curso 2023-24

 

Os próximos días 6 e 7 de setembro en horario de 10:00 a 12:00poderedes pasar a recoller os libros en préstamo do Fondo de Libros.

 

Nesa mesma semana poderes recoller tamén en secretaría os vales que están aínda sen recoller. No caso dos vales lembrade que ten que vir a persoa solicitante ou enviar unha copia do DNI e unha autorización asinada co nome e DNI da persoa a que autoriza. 

 

 

Recordatorio para as familias de 4º de EI

O horario do alumnado de 4º de EI dos primeiros días é un horario adaptado para facer máis doada a súa incorporación a escola. Aquí tendes o recordatorio das quendas.

O venres día 8 teredes unha xornada moi especial na que poderedes acompañar as aulas aos vosos fillos e fillas.

 

Se aínda non tedes a quenda correspondente ou se precisades calquera aclaración non dubidedes en contactar co centro.

 

Benvidos e benvidas ao cole García Barbón! 

 

 

 

Aviso para o profesorado que tivo destino no centro no CADP

Prégase ao profesorado que obtivo destino neste centro na resolución definitiva do CADP, se poña en contacto co centro enviando un correo electrónico  a ceip.garcia.barbon@edu.xunta.gal

A nosa intención é realizar o día 1 de setembro un claustro de distribución horaria e organización do curso escolar.  Para convocarvos necesitamos as vosas contas de correo.

Moitas grazas

 

Distribuir contido


by Dr. Radut