Novas
NOVOS ESPAZOS NA PÁXINA DA ESCOLA
Neste Entroido acordamos revestirmos de “Choqueiros” dado que estamos traballando nun proxecto de consumo e reciclaxe da roupa.
Para este disfraz serve calquera prenda de calquera época sen ter en conta criterios estéticos.Así que, buscade pola casa, nos trasteiros, armarios. arcóns... roupa dos pais, nais avós, avoas, parentes ...etc e todo o que se vos ocurra para argallar un disfraz ben orixinal.Contamos con tod@s o venres día 21!
Este ano o Mandadiño irá informando durante a semana o que temos que ir traendo de luns a xoves:
"O luns 17, trae na cabeza algo con lixeireza"
"O martes 18, no pescozo ponte algo ben fermoso"
"O mércores 19, quedarás coa nosa mirada se traes a cara (ou parte dela) maquillada"
"O xoves 20, adornarás os teus pés ou serás un cempés"
No venres 21, como cada ano, teremos desfile, festa e a merenda de Entroido cos produtos característicos desta celebración, polo que agradecemos a vosa colaboración.