Programa Navega con Rumbo
Estimadas familias:
No día de hoxe o noso alumnado de 6º EP participou nunha actividade formativa a cargo do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia en colaboración coa Consellería de Educación. Baixo o título de “Navega con rumbo” puidemos coñecer consellos e propostas para buscar información de xeito responsable e comunicarnos evitando riscos innecesarios.
Achegamos un enlace con unha serie de consellos básicos para as familias:
https://navegaconrumbo.cpeig.gal/7-recomendacions-para-pais-e-nais-e-titores/
E unha páxina que debe de ser referencia en relación á ciberseguridade nos fogares:
https://www.incibe.es/menores/familias
Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración neste compromiso por facer un uso responsable das tecnoloxías da información e comunicación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Navega con Rumbo 2023-2024. Alumnado.pdf | 2.61 MB |