Skip to Content

blogue deEquipo directivo

Unha visita moi especial

Este venres foi un día de moitas actividades e celebracións:

Día de Rosalía; coas clases ambientadas cos seus poemas e datos da nosa escritora máis célebre. Aproveitade para ver as clases antes de que remate o trimestre.

Familias lectoras; xa que era o último venres de febreiro e coa satisfacción de que se presentaron e leron libros en case tódalas aulas.

E o anuncio do Salón de Libro, xa que estamos convidados a esta festa dos contos e das narracións; onde non faltará a maxia, a maxia de transformar o mundo a través da lectura.

Achegamos algunhas imaxes desta visita de Orbil que sempre ten apertas para repartir.

Un saúdo!

Taller de prevención da dor de costas

Estimadas familias:

Grazas á colaboración da Unidade de Fisioterapia de Atención Primaria, no día de hoxe tivemos a primeira das dúas sesións programadas co fin de sensibilizar e previr a dor de costas.

Houbo unha presentación na que aprendemos coma os estilos de vida que adoptamos é un dos factores principais na aparición desta problemática. Levamos como tarefa un rexistro da actividade física diaria para realizar durante unha semana e probamos algúns snacks de exercicio como ferramenta de utilidade na loita contra o sedentarismo.

Está claro que un enfoque de saúde integral precisa de accións coordinadas dende diversas institucións se queremos acadar cambios perdurables. Un exemplo destas iniciativas a podedes atopar no seguinte enlace: https://vida-saudable.sergas.gal/Familia. Onde tedes dispoñible información e recursos de utilidade.

Recibide un cordial saúdo e a seguir activos e saudables!

 

PXA 23_24

Podedes descargar, de seguido, a Programación Xeral Anual do curso actual.

 

 

Entroido no bosque

 

Hoxe tivemos o noso particular entroido. Ambientado nese bosque no que tanto estamos traballando, con avellas, coellos, raposos e incluso lobos. Houbo música, baile, gran merenda e moita festa.

Achegamos algunhas imaxes para que vexades como foi esta celebración. Moitas grazas pola vosa colaboración e que desfrutades destes días.

Un saúdo cordial,

 

 

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut