INFORMACIÓN INICIO DE CURSO20-21

Información ás familias

 

                                                                                                                                                                                                                                                           4/09/20

 

Estimadas familias:

Queremos facer do colexio un sitio seguro para os vosos fillos e fillas e polo tanto contade coa implicación de todo o persoal do centro para evitar os contaxios. Tamén sabemos que vos sodes grandes colaboradores co centro e que entenderedes as novas normas.

 

Estamos traballando na adaptación do Protocolo Covid, pronto o teremos colgado na web pero aínda así hai cousas que xa poden ir sabendo algunhas cousas.

 

CANDO COMEZA O COLEXIO?

  • O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.

  • O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

 

QUE MEDIDAS XERAIS IMOS TOMAR?

  • Todos os grupos serán estables e tentaremos que en ningún momento da xornada escolar se mezclen con outros grupos.

  • Todas as familias deben tomar a temperatura na casa antes de saír e se pasa de 37,5ºC non poderá vir ao centro. Tampouco pode vir a o centro se ten un dos seguintes síntomas: tose seca, dificultade respiratoria, fatiga severa, dor muscular, falta de olfacto, falta de gusto ou diarrea. Todas as familias van a asinar unha declaración xurada na que se comprometen a isto.

  • Todas as mañáns deberán cubrir unha autoenquisa do seu fillo con posibles síntomas.

  • Haberá xel, panos e papeleira específica en todas as clases e espazos.

  • Os alumnos deberá lavar as mans ou usar xel cando menos 5 veces ao día.

  • Ventilaremos as aulas cada cambio de clase.

  • O alumnado non poderá traer ao colexio nin balóns nin xoguetes que poidan suponer un contacto.

  • Extremaremos as medidas de limpeza.

     

    HAI QUE USAR MÁSCARA?

  • Todos os alumnos deberán traer máscara ao colexio (xunto cunha de reposto na mochila).

  • Os alumnos de educación primaria deberán andar con ela posta en todo momento (salvo no momento de comer).

  • Os alumnos de educación infantil, teñen que traela para usala no autobús, recreos e cando o profesorado estime (a intención é que se use o máximo posible).

     

    COMO VAN SER AS ENTRADAS?

  • Non se poderá acceder ao centro ata as 9:35 (momento que se abrirán os portais).

  • As familias de educación primaria non poderán acceder ao recinto.

  • As familias de educación infantil, so poderá acceder unha persoa por alumno e polo tempo imprescindible para recoller ou deixar ao neno.

  • As familias de primaria non poderán pasar da liña que está pintada nas cancelas.

  • Teremos zonas de espera diferentes para cada grupo para que non se mezclen as clases.

  • Pedimos puntualidade á entrada, xa que ás 10:00 pecharanse as cancelas exteriores e non se permitirá o paso de alumnos ata a seguinte sesión é dicir ás 10:35.

     

    E AS SAÍDAS?

  • Todo o alumnado saldrá do colexio coa máscara posta e non a poderá quitar ata chegar ao domicilio.  

  • A orden de saída vai ser un pouco escalonada e queda da seguinte forma:

 

Hora

Alumnado que sae

14:35

Alumnado dos 3 cursos educación infantil non trasportado (só pode acceder un familiar por alumno)

14:45

Alumnado transportado en autobús de todos os niveis.

14:50 (ou cando marchen os autobuses)

Resto de alumnado que o veñen a buscar os país.

 

COMO VAI SER O TEMA DO AUTOBÚS?

Todo o alumnado ten que vir con máscara e irá sempre na mesma praza de autobús.

  • E O COMEDOR?

  • Imos facer dúas quendas de comedor.

  • No comedor teremos mamparas de protección e cada alumno comerá sempre no mesmo sitio.

  • Como medida de prevención anticovid, este ano non van limpar os dentes despois de comer no comedor.

  • Indicar que este ano non vai haber actividades extraescolares no centro, nin tampouco vai a estar aberta a biblioteca pola tarde. 

    VAI HABER PLAN MADRUGA?

  • Si vaise encargar da súa xestión a ANPA. Pero este ano como medida de seguridade o acceso ao recinto vai ser polo portal traseiro que está ao lado das pistas.

    COMO ME COMUNICO CO CENTRO?

  • Debemos evitar ao máximo todos os desprazamentos innecesarios ao centro, polo tanto para falar con calquer membro do equipo directivo pode canalizar a súa cuestión via correo electrónico (ceip.frions@edu.xunta.gal) ou ao teléfono 881867027 (preferentemente por correo electrónico).  Se a reunión presencial é imprescindible deberá ser concertada previamente.

  • As titorías deben ser preferentemente por teléfono ou vídeo conferencia, no caso de que teña que ser presencial deberá pedir cita previa ao seu titor.

  • O que lle pedimos é que se teñen algunha dúbida se poñan en contacto con nós, preferentemente por correo electrónico.

     

    MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN