bibliotecas

 

 

Animación á lectura

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA CON XOSÉ TOMÁS

Xosé Tomás é ilustrador, humorista gráfico, guionista e profesor de ensino secundario de ingles no CPI Manuel Suárez Marquier no Rosal.

A Tartaruga Lectora edición Extra

Publicamos unha edición extra da Tartaruga Lectora co gallo da celebración o pasado día 24 de febreiro do nacemento de Rosalía de Castro.

 

 

A BIBLIOTECA NO SAMAÍN

Durante os días previos ao Samaín tivemos a oportunidade de disfrutar da ambientación da nosa Biblioteca en versión "samaína".

 

                                                                                         
   

22 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Durante os días 26, 27, 28 e 29 de outubro fíxose entrega das mochilas viaxeiras a Educación Infantil e a todos os cursos de Educación Primaria, en conmemoración do día 22 de outubro que se celebra o día da Biblioteca Escolar.

Este ano foi unha conmemoración moi especial xa que quixemos homenaxear a Carmen e a Ramón que durante moitos anos deron pulo á Biblioteca do noso cole.

Graciñas aos dous polo voso inmenso labor!

24 de FEBREIRO: NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

Tal día como hoxe, 24 de febreiro, naceu ROSALÍA DE CASTRO en 1837 en Santiago de Compostela.

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria amósannos o traballo que fixeron sobre Rosalía seguindo este enlace.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

24 de outubro: Día Internacional da Biblioteca

 

 

Neste día tan especial realizamos unha serie de actividades relacionadas coa Biblioteca.

O alumnado de primeiro disfrutou do ambiente de Samaín da Biblioteca mentres a súa profe lles contaba un conto.

O alumnado de 2º a 6º tiveron a oportunidade de ver unha pelicula relacionada co proxecto deste curso, o universo, onde se resaltaban valores como a amizade e a valentía.

Contacontos e relaxación

O alumnado do CEIP de Fontes-Baíña tivo a visita dun contacontos moi especial da man da Asociación DEVI durante a pasada semana. Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria disfrutaron cun conto, música de meditación e un momento de relax en boa compaña. Na vindeira semana participarán os grupos de 4º a 6º.

Moitas grazas á Asociación DEVI por esta actividade.