Igualdade

Para conmemorar o 8 de Marzo as alumnas de 6º de EP organizaron un concurso de cociña titulado: MASTERIGUALDADE.

Os Paricipantes foron alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP.

O consurso consistiu na elaboración de un prato doce ou salgado cociñado na casa.

O nome do prato foi o de unha MULLER IMPORTANTE + unha breve descrición.

O Xurado estivo composto por 5 alumnas de 6º + 1 mestra.

Todos/as aos/as participantes recibiron un agasallo.

O 1º premio foi para ISABEL II ( Isis González Ribeiro ) por SALGADINHOS, un delicioso aperitivo brasileiro. Agardamos que o set de utensilios básicos de silicona e madeira che sirvan para seguir cociñando así de ben!

O 2º premio foi para LUCÍA FREITAS ( Lúa Goce López ) por un delicioso biscoito con frambuesa moi ben presentado! Seguro que co libro de doces poderás seguir cociñando moitos postres todo o ano!

O 3º premio foi para COCO CHANEL ( Alicia Rodríguez Miniño ) que preparou unha riquísima e gran tarta! Como di o teu prato de pizarra: MAXIA É ALGO QUE FAS.

NOSA MÁIS SINCERA NORABOA A TODOS E TODAS OS/AS PARTICIPANTES!

O NIVEL foi moi alto e resultou dificilísimo cubrir a RÚBRICA que tan ben realizastes; había moi boa PRESENTACIÓN, SABOR e ORIXINALIDADE !!!

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> MasterIgualdade

Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER-8 de marzo 2022- realizamos una XINCANA POLA IGUALDADE, da man de DINAMO.

Álbum: Curso 2021-2022 -> XINCANA pola IGUALDADE-8M

 

clica na imaxe para escoitar a fermosa canción coa que as alumnas e alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria, acompañados ao piano pola súa mestra de música EVA, nos EMOCIONARON!!

Título da canción: BOLBORETAS POLO VENTO

Autor: JOSE CARLOS GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

Arranxo musical:EVA FERNÁNDEZ REINALDO

 

As MOCHILAS da IGUALDADE do CEIP Fontes Baíña comezan a súa andaina polos fogares das nosas alumnas e alumnos, cargadiñas de Xogos, Libros, Bonecas/Boneco libres de estereotipos e misións importantes...

 *CONTA CONTOS* XOVEN INVENTORA *ASTRÓNOMA *BUSCADORA DE FÓSILES *SAMMI PERIODISTA ENTREVISTA A 1 MULLER ESCRITORA OU DEPORTISTA *ARTISTA *BEBÉ AFRICANO *A FADA DOS BOSQUES *FOTÓGRAFA

 

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> MOCHILAS IGUALDADE Ceip Fontes Baíña

AS MULLERES QUE NOS FALTAN.

Nun estudo feito por Ana López Navajas (2015) avaliáronse persoaxes dos libros de texto da ESO:

  1. Só un 12.5% son mulleres
  2. Un 5% están en ciencias
  3. En tecnoloxía 1%: 2 de 228 homes en tecnoloxía
  4. No cine o 82% dos científicos están personificados en homes

POR QUÉ ESTA SITUACIÓN?

As alumnas e os alumnos das aulas de 5º e 6º de Educación primaria fixeron unha pequena búsqueda na rede sobre nomes de mulleres e homes que son científicos ou traballan no campo da ciencia e a tecnoloxía en España. Tras a búsqueda puideron comprobar que  só coñecían algún nome como Margarita Salas (porque recentemente saíra na TV).

Actualmente, a pesar dos avances en igualdade, as mulleres teñen unha limitada presenza nas aulas. Tampouco se fala moito das dificultades que tiveron que enfrentar ao longo da historia para acceder á educación e á investigación.

Estaba previsto realizar esta actividade coa visita de CARMEN GLORIA PIÑEIRO, do IEO VIGO, pioneira na Antártida  e veciña de Sabarís (Baiona). Non visitarnos pero contamos con ela para o próximo curso !!

Tras este pequeno traballo de investigación falamos do EFECTO MATILDA, e para sorpresa de todas e todos, unha alumna de 6º EP realizou de xeito voluntario 2 traballos de investigación: EFECTO MATILDA e MULLERES NA LITERATURA.

É de gran importancia ter REFERENTES e demostrarlle a todos e a todas, que poden chegar tan lonxe como elas ou eles desexen e queiran.

 

"A EDUCACIÓN É A ARMA MÁIS PODEROSA QUE PODES USAR PARA CAMBIAR O MUNDO"

Nelson Mandela

Álbum: Curso 2020-2021 -> POR QUÉ ESTA SITUACIÓN? -8M-

 

FRIDA KHALO: pintamos o decorado e vestímonos de FRIDA KHALO! xogamos a buscarnos

FONTUGA LILA: nosa mascota da biblioteca cambia de cor polo 8M

SÍMBOLO DA MULLER: Modelamos con plastilina o símbolo da muller

JANE GOODALL: Coñecemos á amiga dos gorilas.

GRETA THUNBERG: pintamos o seu bosque

ADA LOVELACE: súa historia fascinounos

 "Cuando las niñas vuelan alto" escoitamos o conto e aprendemos algo moi importante para a vida:

SE QUERES PODES!

Álbum: Curso 2020-2021 -> Actividades Igualdade INfantil

O 28 de xuño é o Día INternacional do Orgullo LGTB. Coa finalidade de promover o respecto cara á diversidade afectivo sexual e de xénero (LGBTIfobia) demos a benvida no CEIP a Roberta, da Asociación Nós Mesmas. Este é un colectivo pola loita dos dereitos das mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais,  que traballa dende 2008 impartindo charlas e obradoiros sobre Diversidade afectivo-sexual e de xénero nos centros de ensino públicos da provincia de Pontevedra. 

O obradoiro diversidade afectivo sexual e de xénero impartiuse nas aulas de 3º. 5º e 6º de primaria coa finalidade de educar dende as primeiras idades no respecto á diversidade, sexa da índole que sexa. O alumnado foi partícipe no proceso de aprendizaxe en valores. De xeito informal e flexible traballáronse os seguintes obxectivos:

-Previr o acoso entre iguais, o sexismo e a homofobia dende as primeiras idades.

-Favorecer o respecto ás diferencias persoais e familiares.

-Favorecer o coñecemento e o respecto polos dereitos humanos.

-Atender a diversidade afectiva e sexual do alumnado e das súas familias na aula.

Ademáis as alumnas e alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil escoitaron o conto "Unha chea de familias" ,debuxaron e colorearon a bandeira arcoíris LGTB. As diferentes cores simbolizan a diversidade, e no CEIP Fontes Baíña respectamos de maneira inclusiva toda a diversidade de sexos e de xénero.

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> OBRADORIO DIVERSIDADE NÓS MESMAS
 As alumnas e alumnos de 6º curso de Educación Primaria interpretaron o conto: DANIELA PIRATA para conmemorar o 8M- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER-
Nun principio tiñamos previsto que actuaran para Educación Infantil pero o éxito da obra foi tan grande que finalmente fixeron pases para toda primaria!
A continuación podedes acceder ao vídeo coa fantástica interpretación!!
NORABOA!!!
 

 ALEXANDRA RIAL PENEDO, alumna de 6º curso de Educación Primaria, é unha moza comprometida coa Igualdade. De xeito voluntario realizou un excelente traballo de investigación sobre as mulleres na literatura. Recoméndovos que premades na imaxe de XUNTAS para poder visualizalo.

GRAZAS ALEXANDRA!

 

Para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, o equipo de biblioteca organizou as seguintes actividades:

  • Búsqueda pola biblioteca de libros de igualdade (marcados cunha pegatina violeta)
  • Experimento: reparto desigual da recompensa; as nenas reciben unha menor recompensa polo mesmo traballo realizado só polo feito de ser muller.Proxección de un vídeo, reflexión co alumnado e reparto da mesma recompensa sen desigualdades de xénero.
  •  Exposición de libros de igualdade nos 2 recunchos lectores da IGUALDADE.
  • Interpretación do conto: DANIELA PIRATA (polo alumnado de 6º PRIMARIA) para todo o cole.

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> NA PROCURA DA IGUALDADE-8M-
Distribuir contido
Drupal theme by Kiwi Themes.