Skip to Content

Comedor

Cambio de menú

CAMBIO DE MENÚ

Mañá venres 20 de decembro de 2019 haberá una cambio de menú no comedor:

 

1° Prato: Ensalada variada de leituga, tomate, cenoura, millo e aceitunas no lugar de Caldo galego

---------------------------------------------------------------------------------------

2° Prato: Pizza artesá de tomate, xamón e mozarella

 

Para o alumnado alérxico: Sopa de estrelas

 

Desculpade as molestias

 

Cambios nos menús do comedor escolar no primeiro trimestre

MENÚ PRIMER TREMESTRE

Boas familias:

Prema na imaxe para poder ver o menú do 1º tremestre.

 

 

TURNO CORRIDO

Estimadas familias,

 

 Informámovos de que no presente curso 2019/20, por mor do incremento de familias usuarias do servizo de comedor, haberá días nos que a demanda supere o aforo de 50 persoas por turno.

 

 Co fin de respectar dito aforo e garantir a boa marcha do servizo, a ANPA, a Dirección do Centro e Jardanay decidimos implantar o sistema de Turno Corrido. Este sistema consiste en dividir o servizo en dous turnos: O primeiro á hora e co aforo habituais (50 persoas ás 14:30h) e o segundo, o Turno Corrido, no que entrarán a comer as nenas e nenos restantes a medida que vaian terminando os do primeiro turno.

 

Aínda que o alumnado que constituirá o Turno Corrido será preferentemente o de máis idade, observaranse as súas necesidades e particularidades (hora de saída, ritmo de comida, etc) e se fóra o caso, reubicaranse no primeiro turno aquelas nenas e nenos que o precisen. En calquera caso, estarán acompañados en todo momento do persoal de Jardanay e agardarán a entrada ao comedor no patio ou na aula de música.

 

Dado que o número de persoas que excede o cupo é pequeno, consideramos que a implantación deste sistema non repercutirá no día a día da prestación do Servizo.


Para calquer dúbida ou suxestión, falade connosco ou dirixídevos ó correo  anpabrexolema2013@gmail.com 

 

Moitas grazas pola vosa atención. A ANPA                                                                    En Brexo-Lema, a 20 de setembro de 2019

MENÚ MES DE SEPTEMBRO

Ola familias:

Darvos a benvida ás familias novas ao centro e un bo comendo ao curso 2019/2020 a todas as familias.

Grazas por contar co apoio do Anpa e a colaboración das familias.

Aquí deixámosvos o menú do mes de setembro.

Calquera dúbida poñervos en contacto co Anpa en anpabrexolema2013@ gmail. com

Prema na imaxe para ver o menú.

 

 

Informacion Jardanay curso 2019/20

Ola familias:

Deixámosvos información sobre Jardanay, como rexistrarse na web, nome de usuario e contrasinal, prezos, etc ... esperamos que vos axude.

Calquera pregunta enviar un correo electrónico a anpabrexolema2013@gmail.com

Prema na imaxe para ver mais informacion.

 

Grazas

Cambio no menú escolar 19 e 20 de xuño 2019

Os nenos e nenas hoxe comerán de segundo tortilla paisana (onte comeron merluza á romana). A guarnición mantense sen cambios. 

Desculpade as molestias

CAMBIO NO MENÚ ESCOLAR

-         

A partir do luns 18 de febreiro de 2019

Como indicábase ata agora no menú, os luns víñase servindo como segundo prato pastel de peixe. Este prato substituirase por milanesa de porco con espirais a partir da data indicada.

 

 Explican dende Jardanay que a receita caseira do pastel de pescada ten textura de mousse e tiñan intención de incluílo no menú permanente para introducir novas texturas ós nenos e nenas e variar na forma de presentar o peixe, sen embargo, coma parece que non lle gustou á mayoría aínda que probaron de levalo en varias ocasións, o final decidiron non mantelo.

 

Moitas gracias

 

MENU 1ª TRIMESTRE COMEDOR 2018/19

Hola familias:

Pincha AQUI para ver el menú del 1º trimestre.

Un Saludo

GUIA INFORMATIVA COMEDOR

Hola Familias:

Pincha AQUI para ver a Guia informativa do comedor.

Un Saludo

Distribuir contido


by Dr. Radut