Skip to Content

DÍA MUNDIAL DAS ZONAS HÚMIDAS

Comezamos dando visibilidade ao traballo das aulas relacionado co noso proxecto de biblioteca coa canción ecoloxistas, do libro “A fraga do meu avó”

Escollemos o día mundial das zonas húmidas como data de publicación pola súa relación cos valores que queremos traballar e inculcar no alumnado a través do traballo diario nas aulas.

 

CANAL DE TECA EN YOUTUBE

 Boas familias! Con motivo das novas restricións nas que pechan as Bibliotecas Municipais da nosa comunidade queremos lembrarvos que na plataforma Youtube, no canal de Teca “Teca Brexo-Lema” imos colgando semanalmente diferentes contos tanto en galego como en castelán. Ademais, se accededes as listas de reprodución atoparedes  unha lista de Contos en Galego e outra onde se recompilan os contos en Castelán.  Esperámosvos!

DÍA DA PAZ 2021

 

AVISO COMUNIDADE EDUCATIVA COVID-19 (22/1/2021)

Ante o incremento de casos COVID nos ámbitos familiares e de relacións fóra da escola,

RECOMENDAMOS aumentar a prudencia ante posibles contaxios,

NO CASO DE DÚBIDA OU DESCONFIANZA DE TER CONTACTO con algún enfermo

é preferible a NON ASISTENCIA ata confirmar resultados ou indicacións

"A mellor garantía de preservar a saúde colectiva é A PREVENCIÓN".

Unha vez máis, MOITAS GRAZAS pola vosa colaboración e implicación durante este curso.

APP CLASSDOJO

Boas familias! Queremos retomar esta sección de Teca para recomendar unha aplicación que nos está gustando moito e que está dando moito xogo tanto dentro da aula cos nos@s nen@s como na comunicación convosco, trátase da aplicación ClassDojo que utilizan varias mestras do centro dende infantil a primaria e que como vos digo está dando moito xogo.

Véxovos a próxima semana!!

NADAL 2020

Ante este ano tan atípico queremos ensinarvos este vídeo cos traballos de Nadal e cun pequeno homenaxe a tod@s @s nos@s alumn@s por todo o esforzo que supuxo adaptarse a esta nova escola e as súas novas normas. Esperamos que vos guste!

mp4 Android iphone

 

 

LECTURAS DE NADAL CURSO 2020/21

 

25 NOVEMBRO: "NINGUNHA MÁIS"

BO SAMAÍN!!!

O profesorado do cole e Teca deséxanvos que pasedes un bo Samaín!!!
 
Distribuir contido


by Dr. Radut