Skip to Content

INFORMACIÓN IMPORTANTE: ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2021/22

Informamos que todas as solicitudes de admisión presentadas foron admitidas. Lémbrase  a obrigatoriedade de formalizar a matrícula do 21 ao 30 de xuño.
Preme AQUÍ para ver a documentación a presentar para formalizar a matrícula.

CONTINUAMOS CO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (5 anos)

Proxecto Documental Integrado: "A Fraga do meu avó".
Que o noso alumnado coñeza as especies animais e vexetais do ecosistema que nos rodea é o fío condutor do noso proxecto de biblioteca. Pretendemos contribuír positivamente nos seus hábitos diarios e que sintan, coñezan e respecten a natureza.
 

DIAGNOSE E SEGUIMENTO DA CONVIVENCIA ESCOLAR. 2020/2021

Dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade veñen de poñer en marcha a realización dunha nova enquisa on-line que permita analizar o estado da convivencia escolar e das novas formas nas que se está a desenvolver como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

Esta sondaxe ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través da análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos da implicación dos distintos colectivos e da súa imprescindible colaboración no proceso de realización.

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria contará con tempo na xornada escolar para acceder ao cuestionario.

O alumnado levará as claves de acceso persoais coas que todas as familias do centro poderán cubrir voluntariamente a enquisa on-line dende os seus domicilios.

O enlace de acceso á enquisa é: https://www.edu.xunta.gal/convfamil

  A ENQUISA ESTARÁ OPERATIVA DESDE O 12 AO 29 DE ABRIL DE 2021

 (AMBOS OS DOUS DÍAS INCLUÍDOS).

 

DÍA MUNDIAL DA POESÍA (21 Marzo 2021)

 

POR UN ESTILO DE VIDA ACTIVO E SAUDABLE

 

Boas familias! Esta semana tráiovos unha proposta para mover o corpo!! O canal da plataforma Youtube do profe Jose “ActívaT Brexo Lema”. Nel poderedes atopar diferentes carpetas, con xogos tradicionais, diferentes deportes e coreografías con diferentes estilos de música. Aproveitade para activa o voso corpo agora que xa se achega a primavera!

Espero que vos guste!

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (24 DE FEBREIRO DE 2021)

 

ENTRODEMIA 2021

 

MANDADIÑOS DO MECO 2021 (PARA O VENRES 12 DE FEBREIRO)

LEMBRADE, OS QUE ESTEADES INTERESADOS, A CONVOCATORIA DO:

"CONCURSO DE DISFRACES DO ENTROIDO EN CAMBRE 2021"

PREME AQUÍ PARA VER TODA A INFORMACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut