Skip to Content

blogue deadmin

ENTREGA DE PREMIOS

Diapositiva1_0.JPG

Os gañadores e gañadoras do concurso de cómic recibiron um libro como agasallo durante o festival de Nadal.

Tamén foi premiado o gañador do concurso da postal de Nadal.

EXPOSICIÓN CÓMIC

 

Este trimestre "O CÓMIC" é o protagonista na nosa biblioteca.

Tintín, Astérix, e Obélix, Mortadelo e Filemón comparten espacio con novas personaxes, Paula Crusoe, Marieta, Thom...sin deixar a un lado aos superhéroes e as superheroínas.

Dende aquí os convidamos a participar no concurso de cómic que convocaremos do 14 ao 21 de novembro. É moi sinxelo, só tes que pensar unha frase inxeniosa "en galego" para as personaxes que están no corredor do primeiro andar.

ANÍMATE!!!!

VISITA DO MOUCHO

 

Xa nos tardaba este curso a visita do Moucho.

Por fin, o pasado venres 28 de outubro, apareceu na nosa biblioteca.

Pasamos un bo rato con el, non só os nenos e nenas , tamén as mestras...que escoitaron atentamente os seun contos : "El pollo Pepe", "Los pájaros", e o divertidísimo "Turelí, Tureló".

Deixounos tamén unha chea de libros para ler nas clases de infantil e primaria.

Moitas gracias Moucho.

BIBLIOPATIO

Comezamos un novo curso escolar, e Teca presenta unha nova actividade: "BIBLIOPATIO". Sacamos a lectura a novos espacios abertos no recreo. Os máis pequechos foron os que máis disfrutaron.

AOS LIBROS TAMÉN LLES GUSTA O SOL

Chega o bo tempo, e decidimos buscar outros espazos onde gozar da lectura.

O alumnado de 5º e 6º fixeron esa tarefa, sacaron os libros da biblioteca e pasaron un rato moi agradable lendo contos aos pequenos de Educación Infantil.

O MOUCHO LEROUCHO

Non podiamos deixar pasar este trimestre sen escoitar ao noso contacontos preferido “O MOUCHO”.

Unha vez máis sorprendeunos.

Cantou a “Canción da Primavera”, trouxo sementes e explicounos como se plantan.

Contounos o conto “Aínda nada” e “Como cada mañá”.

Para rematar, unha canción de Manuel María, “A poesía do sol”.

 

EXPOSICIÓN MIGUEL DE CERVANTES

Con motivo dos 400 anos da morte de Miguel de Cervantes fixemos no colexio unha exposición, ademais  de diversas actividades nas aulas.

Dita exposición encóntrase situada na biblioteca do centro, estades todos invitados a visitala!!!!. Os nenos e nenas xa pasaron por ela.

Por último, e non menos importante, queriamos dar as grazas a todas as familias pola súa colaboración, xa que sen ela esta exposición non sería posible.

Aquí tedes algunhas fotos da mesma.

 

A PRENSA NO MUNDO

Durante 15 días todo o alumnado do colexio, desde os máis pequenos ata os máis grandes, puideron gozar dunha magnífica exposición de diferentes xornais de moitos países.

Cada un deles estaba perfectamente identificado co nome do país, a capital, lingua oficial, moeda, bandeira...

 

MOUCHO LEROUCHO

O pasado día 18 de febreiro visitounos o Moucho. Coma sempre fixonos moita ilusión.

Trouxo uns contos ben chulos, que sumados ca súa maxia fan un conxunto perfecto!!! So temos que ver as caras dos nosos pequechos!!!

Este foi o conto que lles dedicou os nenos/as de tres e catro anos.

 

O “monstruo de cores” foi o que lles tocou os nenos/as de cinco anos e máis os de primeiro de primaria.

 E antes de marchar deixounos unos agasallos, as caras de ilusión dos nosos pequechos diceno todo!!!

 

 

Grazas Moucho por facernos tan felices!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut