Skip to Content

blogue deadmin

LEMBRANZA

"Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retorna á casa desde o momento mesmo en que puxo un pé fóra dela"   

XABIER P. DOCAMPO.O libro das viaxes imaxinarias

Cando peten na porta pola noite, nun pazo baleiro, na illa de todas as illas e nos andeis das nosas escolas volverás desa viaxe para seguir contando.

LECTURAS PARA O VERÁN 2018

PINCHA AQUÍ PARA VER A GUIA LECTURA PARA O VERÁN 2018.

BIBLIOTECA

Este curso 2017-2018, o equipo da biblioteca centra todas as súas enerxías en informatizar a biblioteca.

É un duro traballo porque temos que revisar de novo o rexistro de cada libro, a finalidade é poder realizar o servicio de préstamo a través do promaga MEIGA e tamén utilizalo para facer as consultas necesarias en canto a existencia e localización dos libros.

VISITA DO MOUCHO

O pasado venres 26 de maio "O Moucho" presentounos "A galiña azul" do autor homenaxeado das letras letras galegas Carlos Casares.

Tamén disfrutamos de "O caracol Remoldiño" e do conto de tradición oral "Os chivos chivóns".

E para o final gardou o máis divertido, a canción  "O sol"  de Manuel María e o "Baile da Carrasquiña" que fixo que maiores e pequenos puxéramonos en pé ao ritmo do seu alegre acordeón.

Distribuir contido


by Dr. Radut