Skip to Content

Deporte escolar

24/03/2011 10:30
24/03/2011 13:30
Etc/GMT+1

O alumnado achegarase a Ribadavia para gozar dunha xornada adicada ó deporte.

Xogos Populares

05/04/2011 09:30
05/04/2011 11:30
Etc/GMT+1

A asociación Xaquín Lourenzo achegarase ó centro para presentar ó alumnado uns xogos populares.

O entroido

O alumnado do colexio amosou os disfraces que tanto traballo lles deu preparar polas rúas de Leiro. Parouse un ratiño na praza para que os viandantes puidesen admirar o colorido dos seus traxes e bailar coa música, parte do CD, e parte dos profesores que levaban algún instrumento.

Ver as fotos.

Desfile de entroido na praza de Leiro

04/03/2011 12:30
04/03/2011 15:30
Etc/GMT+1

O día 4 de marzo, venres, celebraremos o entroido no Colexio. Ás 12:00 disfrazaremos aos nenos e ás nenas e, sobre as 12:30 sairemos ata a praza de Leiro. Alí estaremos un tempo e voltaremos para comer. Pola tarde, sobre as 14:45, desfilaremos ata o patio de deportes. Os familiares que acudan recibiranos arriba, no patio.

Esperamos que sexa un día agradable. Esperámolos, quedan convidados.

Xoves de compadres

As nenas do colexio trataron de quitarlle os compadres ós nenos. Só conseguiron atrapar o de infantil de 4 e 5 anos e o de primeiro ciclo, os outros salváronse.

Ver as fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut