|
O próximo 20 de abril os nosos alumnos e alumnas van participar noutro proxecto europeo a través da plataforma etwinning. Neste caso será unha videoconferencia cun colexio de Francia, durante a que terán que amosar os seus coñecementos de ingleś. |
|
O pasado xoves, 12 de abril, o alumnado do colexio viaxou a Ourense. No caso dos maiores, foron a Expourense, onde aprenderon as normas de circulación e despois puxéronas en práctica. Primeiro camiñando, despois en bici e despois nuns karts que tiñan por alí. Os máis pequenos foron a Dragonenos, xa que aínda non enteden moi ben isto das sinais. |
|
Este ano tivemos varias novidades no entroido. A primeira delas, que o desfile foi no colexio, ó contrario ca outros anos, cando se paseaba por Leiro. A segunda foi a convivencia de pais e nais, onde cada un trouxo algún postre tradicional para compartir. A experiencia foi todo un éxito, desfrutando dun agradable rato coñecendo a outros membros da comunidade educativa.
|
Fotos
|
A asociación "Xaquín Lourenzo" proporcionunos a posibilidade de recibir unhas xornadas sobre xogos tradicionais galegos. |
Ver fotos
|
Durante o pasado mes, os nosos alumnos e alumnas participaron en varias xornadas deportivas convivindo con colexios da zona. |
Pódense ver as fotos