Skip to Content
Manter viva a luz e as ganas de aprender innatas do noso alumnado. Acompañalos no seu desenvolvemento integral.

"O CHOUZO REUTILIZA"

 

DIXITALIZACIÓN DA ESCOLA E PLATAFORMA EDIXGAL

     Estimadas familias:

     ANPAS GALEGAS pon en marcha un estudo de enquisa para coñecer o punto de vista das familias do ensino público sobre DIXITALIZACIÓN DA ESCOLA E EDIXGAL, que permita ter unha fotografía ampla do modelo de dixitalización que queren e a súa valoración de Edixgal.

     Precisamos que cada unha de vós cubra o seguinte cuestionario, tanto as que tedes fillos e fillas usando edixgal como as que non.

    O prazo para participar é ata o 16 d emaio.

MENÚS COMEDOR MAIO

      Estimadas familias:      

      Publicamos os menús de comedor do mes de maio. Lembrade que os días que non veñan os/as nenos/as ao comedor hai que avisar da ausencia antes das 09:45h. Saúdos.

BECAS NEAE

Estimadas familias,

Dende do 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024, está aberto o prazo para a solicitude das Becas do Ministerio de educación para o Alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

O prazo de entrega no Dpto. de Orientación do noso centro está aberto ata o 13 de setembro (inclusive). Deberase entregar á Xefa do Dpto. de Orientación, tras solicitar cita previa.

Ante calquera dúbida chamade á orientadora Elena, no seguinte número de teléfono 886 120 085.

LISTA DE ADMITIDOS

 

 

Estimadas familias, xa están publicados no taboleiro da entrada ao centro os admitidos no colexio para o curso 24-25. Todos os alumnos que o solicitaron obtiveron praza.

Benvidos á nosa familia.

MENÚS COMEDOR ABRIL E VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

      Estimadas familias:      

      Publicamos os menús de comedor do mes de abril. Lembrade que os días que non veñan os/as nenos/as ao comedor hai que avisar da ausencia antes das 09:45h.

      Aproveito para lembrar que comezamos as vacacións de semana santa a partir do luns. Polo que non haberá clases ata o martes 2 de abril de 2024, que será o día que voltamos ao cole. Pasade boas vacacións. Vémonos á volta!!! Saúdos.

POSTOS ESCOLARES VACANTES CURSO 2024-2025

     Estimadas familias:

     No arquivo adxunto publicamos os postos escolares vacantes para o próximo curso 2024-2025. Saúdos.

MENÚS COMEDOR MARZO

     Estimadas familias:      

      Publicamos os menús de comedor do mes de marzo. Lembrade que os días que non veñan os/as nenos/as ao comedor hai que avisar da ausencia antes das 09:45h.

     Saúdos.

PERÍODO ORDINARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO.

    Estimadas familias:

    Informamos de que o alumnado que permaneza no noso centro non ten que cubrir nada, xa que ten reserva automática de praza para o próximo curso.

    O período ordinario de admisión para o novo alumnado (4º de Infantil e alumnado que cambia de centro) será do 1 ao 20 de marzo. Adxuntamos o impreso (ED550B) e un manual de axuda para as familias. Tamén se pode descargar na páxina https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/, ou ben recollelo na secretaría do centro.

MENÚS COMEDOR FEBREIRO

      Estimadas familias:      

      Publicamos os menús de comedor do mes de febreiro. Lembrade que os días que non veñan os/as nenos/as ao comedor hai que avisar da ausencia antes das 09:45h.

     Saúdos.

Distribuir contido


by Dr. Radut