Skip to Content

PERÍODO ORDINARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO.

    Estimadas familias:

    Informamos de que o alumnado que permaneza no noso centro non ten que cubrir nada, xa que ten reserva automática de praza para o próximo curso.

    O período ordinario de admisión para o novo alumnado (4º de Infantil e alumnado que cambia de centro) será do 1 ao 20 de marzo. Adxuntamos o impreso (ED550B) e un manual de axuda para as familias. Tamén se pode descargar na páxina https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/, ou ben recollelo na secretaría do centro.

    Pódese cubrir a través da Sede Electrónica (se se ten Certificado Dixital ou Chave 365) ou entregar na propia secretaría do centro. Ademais do impreso tedes que achegar tamén o Libro de Familia. No caso de que algún alumno/a sexa NEAE ten que entregar o informe que o acredite.

    Para calquera dúbida que vos xurda, o noso teléfono é 886 12 00 78, e o noso correo: ceip.emilia.pardo@edu.xunta.gal.  Saúdos.

 

AdxuntoTamaño
ED550B-G.pdf1.38 MB
ED550B-C.pdf1.38 MB
ManualDeUsuarioDasFamilias.pdf1.15 MB


noticia | by Dr. Radut