Skip to Content
Manter viva a luz e as ganas de aprender innatas do noso alumnado. Acompañalos no seu desenvolvemento integral.

Buscando cole para os teus pequenos? Ven ao Chouzo!

Video xornadas de portas abertas

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID - 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIOS DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022. VERSIÓN 06/07/21.

      Estimadas familias:

 

      No arquivo adxunto, publicamos o "Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2021-2022. Versión 06/07/21" para a súa consulta.

      Un cordial saúdo.

 

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DE FONDO LIBROS

      Estimadas familias:

      Informamos que, a partir de hoxe, temos publicada a LISTAXE DEFINITIVA de admitidos e excluídos dos libros de Fondo Libros no taboleiro de anuncios do centro.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DOS LIBROS DE FONDO LIBROS E VALES

      Estimadas familias:

      Informamos que, a partir de hoxe, temos publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos dos libros de Fondo Libros no taboleiro de anuncios do centro.

      Ademais, xa dispoñemos na Secretaría dos vales de libros e material, que podedes vir a recoller de luns a venres, en horario de 9 a 2, ata o día 12 de xullo, incluído.

INSTRUCIÓNS PARA O CURSO 2021-2022

       Estimadas familias.

       No arquivo adxunto publicamos a RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/2022.

       Un cordial saúdo.

      O Equipo Directivo.

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021-2022

    Estimadas familias.

    Nos arquivos adxuntos publicamos a Instrución 3/2021 sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2021-2022 e o ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS, que debe ser presentado por todo o alumnado solicitante de comedor (sen presentar este anexo cuberto a reserva de matrícula non se pode facer oficial).

PAPEIS COMEDOR

     Estimadas familias:

     Publicamos no arquivo adxunto os papeis necesarios para a preinscripción da matrícula do comedor para o vindeiro curso 2021-2022. Faltan os datos económicos que se enviarán cando saia a convocatoria oficial. Un cordial saúdo.

LISTAXE MATERIAL CURSO 2021-2022

   Estimadas familias:

   Publicamos as listaxes de material de cada nivel para o curso 2021-2022. Un cordial saúdo.

LISTAXE DOS LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

    Estimadas familias:

    No arquivo adxunto, publicamos a listaxe dos libros para o vindeiro curso 2021-2022. Un cordial saúdo.

CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

    Estimadas familias:

    No arquivo adxunto publicamos a orde do calendario escolar para o curso 2021-2022. Lembramos que as clases comezan de novo o día 9 de setembro. Un cordial saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut