Skip to Content
Manter viva a luz e as ganas de aprender innatas do noso alumnado. Acompañalos no seu desenvolvemento integral.

AXUDA PARA TARAMITAR FONDO LIBROS (libros+vales de material)

Animámosvos a ler o contido todo desta publicación. É de verdadeira axuda para todos e todas.

CALENDARIO ESCOLAR 23/24

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 23/24

Xa temos a Orde que regulará o calendario escolar do vindeiro curso académico. Deixámola no documento que se xunta.

BECAS NEAE

Estimadas familias,

A partires do 08 de maio ata o 20 de setembro de 2023 (inclusive), está aberto o prazo para a solicitude das Becas do Ministerio de educación para o Alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

O prazo de entrega no centro educativo e/ou Dpto. de Orientación do noso centro comezará o 26 de xuño ata o 30 de xuño e do 1 de setembro ata o 20 de setembro (inclusive).

Ante calquera dúbida chamade á orientadora Elena, no seguinte número de teléfono 886 120 085.

ESCOLA DE AVÓS E AVOAS EDUCADORES/AS

MENÚS COMEDOR MES DE MAIO

      Estimadas familias:

      Publicamos os menús de comedor do mes de maio. Lembrade que os días que non veñan os/as nenos/as ao comedor hai que avisar da ausencia antes das 9:30 na secretaría do centro ou por correo electrónico. Moitas grazas. Un cordial saúdo.

Prohibida a entrada ás instalacións do centro fóra do horario lectivo (sen autorización)

Recordamos a toda a comunidade educativa a prohibición do uso das instalacións do centro para calquera fin (xogar nas pistas, xogar nos patios...) agás que se conte con autorización expresa para facelo.

DÍA NON LECTIVO

LEMBRAMOS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA QUE LUNS E MARTES NON HABERÁ CLASES.

O DÍA 1 POR SER FESTIVO NACIONAL E 2 POR SER O DÍA ELIXIDO POLO NOSO CENTRO COMO NON LECTIVO.

Listaxe ADMISIÓN ALUMNADO 23/24

Dende o venres 21 de abril están colocadas as listaxes relativas ao procedemento de Admisión de Alumnado do vindeiro curso, na porta de entrada do edificio principal. (Todo o alumnado que solicitou praza neste centro, quedou admitido)

Charla: DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL

Distribuir contido


by Dr. Radut