Skip to Content
Manter viva a luz e as ganas de aprender innatas do noso alumnado. Acompañalos no seu desenvolvemento integral.

"O CHOUZO REUTILIZA"

 

MENÚS DE COMEDOR DO MES DE SETEMBRO 2024

      Estimadas familias:      

      Benvidos a un novo curso escolar. Publicamos os menús de comedor do mes de setembro.

      Lembrade que os días que non veñan os/as nenos/as ao comedor hai que avisar da ausencia antes das 09:45h.

     Saúdos.

AXUDAS MUNICIPAIS EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2024-2025: LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

O Concello de Vigo ten publicado na súa páxina web (enalce información e documentación) a convocatoria para solicitar axudas para libros e material escolar para o alumnado de EDUCACIÓN INFANTIL.

REUNIÓN COMEZO CURSO 4º EDUCACIÓN INFANTIL

  Bo día:

Informamos de que a reunión de familias de 4º de Infantil levarase a cabo o luns, 9 de setembro, ás 16:30h na sala de usos múltiples. Teremos todo sinalizado, a entrada será polo portalón do aparcadoiro de abaixo e non polo portalón do edificio principal.

Un saúdo:

  O equipo directivo

 

LISTADO MATERIAL 2024-2025

MATERIAL ESCOLAR

Benvidos e benvidas ao curso 2024-2025:

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS

ESTIMADAS FAMILIAS!

Xa tedes publicada na porta do colexio a listaxe definitiva de fondo libros. Podedes consultala ata o venres 19 de xullo.

Aproveitamos para informar de que o horario de secretaría ata ese día será de 9:30h ata as 13:00h.

Pasade bo verán, e vémonos á volta!

Un saúdo, O Equipo Directivo.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS, VALES MATERIAL/LIBROS TEXTO e LISTAXE LIBROS TEXTO CURSO 24/25

Estimadas familias:

 

TRES AVISOS IMPORTANTES:

 

1- Xa tendes publicada dende hoxe na porta da escola a LISTAXE PROVISIONAL de fondo libros para este curso 24/25. Dispoñedes de dous días (xoves 4 e venres 5) para posibles reclamacións. Lembramos que nesta listaxe so figura o número de libros concedidos, será na listaxe definitiva onde aparezan os nomes das materias.

PERÍODO DE MATRICULACIÓN DE ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO E INSTRUCIÓNS DE COMEDOR

     Estimadas familias:

     Informamos de que o período de matriculación no centro de alumnado de nova incorporación (4ºInfantil e alumnado novo admitido no período de admisión doutros cursos) é do 20 ao 30 de xuño. Benvidos/as á familia do Chouzo!

      Así mesmo publicamos as instrucións de comedor para o próximo curso e informamos de que estará aberto o prazo de matrícula para o comedor do curso 2024-2025 desde mañá, 18 de xuño ata o venres 12 de xullo.

MENÚS COMEDOR XUÑO

       Estimadas familias:      

      Publicamos os menús de comedor do mes de xuño. Lembrade que os días que non veñan os/as nenos/as ao comedor hai que avisar da ausencia antes das 09:45h. Saúdos.

Distribuir contido


by Dr. Radut