Skip to Content

NOVAS

Blog de EF

EDUCACIÓN FÍSICA 1º E 2º EP: Simón di... móvete!

Bos días.
Imos seguir traballando o esquema corporal e a lateralidade, mobilizando as diferentes partes do corpo e variando o ton muscular e a actitude postural.
Propóñovos un xogo que xa coñecedes, "Simón di...". Recordade, se o di si Simón facémoslle caso, se non o di Simón non obedecemos. Estade atentos!
No vídeo eu salgo correndo, reptando, e realizando as accións diante da cámara para que se me vexa, pero vos podedes realizalas por todo o espazo que teñades.
Tanto o xogo "os nenos do Carballal" como este son rápidos de realizar, durando uns 5 minutos, polo que se vos apetece podedes repetilos varias veces, ou realizar varios xogos cada día, os que máis vos gusten.
Movédevos moito e a divertirse.
Biquiños de cores.

EDUCACIÓN FÍSICA 1º E 2º EP: A mover o corpo

Bos días.
Espero que todos e todas vos atopedes ben, e que esteades disfrutando nas vosas casas.
Déixovos un vídeo para traballar as partes do corpo mediante o movemento, así como os conceptos de dereita e esquerda.
Utilizamos unha canción moi sinxela que coñecedes, xa que a bailamos na clase.
Na canción, eu xírome para que entendades mellor cal é a dereita e a esquerda, pero vós non fai falta que xiredes.
Familias, ídeme enviando algún vídeo das actividades que vos propoño, para ver cales son as dificultades e puntos fortes, e ir adaptando as propostas.
Movédevos e cantade comigo.
Moito ánimo e a divertirse.

Educación Física: "A telaraña"

Bos días, 

Hoxe propoñémosvos un xogo moi divertido para traballar a coordinación e o equilibrio.

É moi sinxelo de realizar, so se precisa fío e un pouco de imaxinación. 

A MOVERSE!

Ánimo e apertas moi grandes.

Distribuir contido


by Dr. Radut