Skip to Content

NOVAS

Blogues

MAMÁ CABRA: "OLA, OLA LA!"

Mamá Cabra é un fantástico grupo de música infantil en galego que leva xa unha andaina considerable na tarefa de converter cancións en sorrisos. Esta é a súa páxina web: http://mamacabra.com/.

O seu último traballo é "Ola, ola lá!" que conta con moitas cancións divertidas para disfrutar da música aínda que calquera dos seus discos son impresionantes.

No festival de fin de curso do ano pasado interpretamos "Todo natural", un tema que pertence a este CD.

Nestes momentos aínda hai concertos espallados por toda Galicia e é posible que poidades asistir a algún... a experiencia é inolvidable!!

No video podedes ver e escoitar un pedazo de ensaio do grupo Mamá Cabra e máis a actuación de fin de curso.

Espero que vos guste amiguiños/as!!

 

LOS ESQUELETOS

Esta canción é unhas das preferidas dos nenos e nenas do primeiro ciclo de Primaria.

O ano pasado preparámola para festexar o Samaín pero como gustou tanto, pasou a formar parte do noso repertorio.

Aquí vos deixo un video para que poidades escoitala cantas veces queirades...

CONTOS EN CANTOS (MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL)

"Contos en Cantos" é un libro-disco de música infantil en galego que consta de 13 cancións compostas por Almudena Janeiro (mestra de Educación Musical). Todas elas fan referencia a contos de OQO Editora: "Paco Papán", "Chocolata", "Mariluz a Avestruz", "Corre corre cabaciña" ou "Loboferoz".

Estes contos, coas súas cancións, son interpretados polo alumnado de Educación Infantil do noso centro co acompañamento da guitarra. A todos/as nos encanta disfrutar deste disco!

Nos seguintes videos podedes escoitar unha actuación de fin de curso cos nenos e nenas de primeiro de primaria e algunhas das cancións deste fantástico traballo... Sabedes cales son?

 

Distribuir contido


by Dr. Radut