Skip to Content

3º ciclo

Tarefas para 6º (11/05/2020)

Ola rapaces! Adxúntovos as novas actividades da semana e unha ficha de información de Sociais. As tarefas de Castelán desta semana teñen carácter voluntario, pois están en función do traballo que teñades tamén doutras materias.

Manolo (titor de 6º)

ACTIVIDADES PARA 5º CURSO, SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Bo dia

Esta semana estaba adicada á celebración das Letras Galegas e, aínda que moitos actos foron aplazados, déixovos unhas fichas para traballar o autor homenaxeado este ano e as súas obras. Como son bastantes soamente vou engadir a ficha que esquecín adxuntar a semana pasada.
Como sempre recordar que revisedes os blogs dos especialistas.

 

Mar

Solucionario ás actividades de 6º do 4 de maio

Ola rapaces!

No arquivo adxunto, déixovos as solucións da semana anterior. A algúns xa puiden facerlle algún comentario a través do correo, pero a outros todavía non. Confío en que alguén puidese ver algunha das películas que vos recomendei para Sociais; xa mo comentaredes para a semana, cando volvamos a falar por teléfono.

Mariña, deixou unhas actividades moi interesantes para os que van a PROA; pero son válidas para todos, aínda que algúns de vós non asistades. A desta semana é perfecta para todo 6º: unha viaxe virtual polo Museo do Prado. Seguide as indicacións e tratade todos de facela, xa que non podemos ir presencialmente. Eu estou en contacto con Mariña, para que me informe que alumnos de 6º (non só os de PROA, neste caso), lle remitiron as tarefas que  puxo e, deste xeito, terllo en conta para a nota de Sociais. Xa volo volverei a recordar cando poña as actividades da vindeira semana.

Ánimo e unha aperta!

SOLUCIÓN ÁS ACTIVIDADES 5º PRIMARIA 8 DE MAIO

Bo día nenos!!

No arquivo adxunto déixovos as solucións desta semana.

No blog da biblioteca e na páxina principal desta web agárdavos unha sorpresa que de seguro vos gustará. Algúns profes gravaron unha serie de contos adicados especialmente a vós. Non tedes curiosidade por saber quen foi o primeir@?

Unha aperta da vosa profe.

Actividades e xogos PROA

Boas rapaces!

Esta semana imos de excursión a Madrid, nada máis e nada menos que ao Museo do Prado.

Nesta pequena visita virtual ides coñecer a grandes pintores, non só da nosa cultura, senón da europea. 

Para facer a visita precisades coller o voso caderno e un boli, posto que nalgúns apartados aparecerán algunhas cuestións que teredes que enviar ao meu email (marinas@edu.xunta.gal). Con escribir 3 liñas como máximo de cada unha delas é máis que suficiente, excepto nunha do principio, pero xa o veredes. Non vos preocupedes.

Lembrade que esta visita é para facer ao longo desta semana. Non intentedes ver todo nun día! Nin estando no mesmo museo se podería facer iso!

Senón idesvos abrumar e non a disfrutaredes.

Para acceder ao contido, primeiro clicade nos títulos e despois nas imaxes.

Se tendes calquer dúbida non dubidedes en contactar comigo.

Para acceder a visita soamente tendes que clicar no enderezo que hai a continuación e disfrutar!

https://view.genial.ly/5eac091c7b8ef50d76d1b430/game-visita-museo-do-prado

 

 

 

Moitos saúdos,

Mariña

Tarefas para a semana .6º (4/05/2020)

Ola rapaces! Adxúntovos as novas actividades da semana e unhas fichas de Sociais e Galego, tamén vos deixo diferentes enlaces. Na ficha de actividades xa está  a información do que tedes que facer e enviarme; e tamén, o motivo destes enlaces. Volvín a poñer a ficha de actividades de Sociais, por se alguén non a ten. Xa sabedes que tedes que facer só as que vos marco para cada semana. Tamén deixei un PowerPoint de Historia, para que o vaiades seguindo a medida que ledes a información da ficha.

Esta semana, non puxen actividades de Naturais.

GALEGO

SOCIAIS

ACTIVIDADES PARA 5º CURSO, SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

Bo día nenos!!

Nos arquivos adxuntos déixovos as tarefas para esta semana. 

Lembrade visitar os blogs das diferentes especialidades para ver e facer as tarefas que vos deixaron tamén os mestres especialistas esta semana. 

Mar

HISTORIA : Idade Contemporánea (2ª parte). Séculos XX e XXI (6º)

Lede as fichas de Historia seguindo as diapositivas deste PowerPoint.

Nº 10 da primeira diapositiva: pandemia do século XXI (COVID-19) e que afectou a maioría dos países.

Solucionario ás actividades de 6º do 27 de abril

Ola rapaces!

Parabéns polas vosas coplas e vídeos dos maios, a algún xa o atopo moi cambiado.

Tratade de corrixir as actividades que vos deixo no arquivo adxunto; fixádevos ben, sobre todo, nas de matemáticas, por ser as que tiñan maior dificultade. Se queredes, debido á festividade deste venres, podedes deixar as correccións para o luns, que será cando poña novas actividades e xa procurarei poñer algunhas menos. Por certo, algún de vós segue sen mandarme as tarefas que poño e iso ten consecuencias na avaliación.

Unha aperta

SOLUCIÓN ÁS ACTIVIDADES 5º PRIMARIA 1 DE MAIO

Aquí vos deixo as solucións semanais. Recordade envialos despois de correxidos.

Mar

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut