Skip to Content

Fondo Solidario/Axudas libros e material

Lista definitiva fondo libros de texto

A listaxe definitiva de admitidos foi publicada e podédela atopar no taboleiro de anuncios do interior do centro educativo. 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2021-2022

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B)

Só para alumnado de Educación Primaria

O prazo para presentar das solicitudes rematará o martes 22 de xuño de 2021 (este incluído). Podedes acceder ás solicitudes no seguinte enlace e tamén para acceder de modo telemático tal e como se explica na orde. Rogamos que se utilicen as vías electrónicas na medida do posible:

SEDE ELECTRÓNICA: non é necesario presentar documentación no centro.

APLICACIÓN FONDO LIBROS

ANEXOS I e II

Os alumnos/as de 6º de EP, terán que solicitar as axudas no Instituto no que vaian a cursar os seus estudos de secundaria. As circulares con toda a información están nos  enlaces adxuntos . Rogamos que as leades con atención.

Horario de entrega presencial de documentación por parte da secretaría do centro:

HORARIO DE ATENCIÓN FONDO LIBROS

10:15/11:10h (Maio)

9:45/10:40h (Xuño)

Para entregar a documentación neste horario non fará falla cita previa. Se tedes que vir nun horario diferente rogamos que pidades cita previa no colexio, do contrario non se pode asegurar a atención. Moitas grazas pola vosa colaboración.

O equipo directivo. 

Fondo libros e axudas para adquisición de libros e material escolar no curso 2020-2021

Está publicada a listaxe definitiva do fondo de libros para 3º, 4º, 5º e 6º da Ed. Primaria, lembramos que pola LOPD este listado non pode facerse público, polo que deberán consultalo no propio centro, chamando ou na páxina https://www.edu.xunta.es/fondolibros/. Na propia páxina hai un manual de uso da mesma. Para unha mellor atención e organización, rogamos que todas as consultas (presenciais e telefónicas) se realicen a partir do venres 17 de xullo. A listaxe non tivo reclamacións, polo que é a mesma que a provisional. O centro entregará  os libros de texto asignados a cada alumno/a no inicio do curso 2020/2021.

Tamén, están á vosa disposición no centro os vales das axudas para adquisición de libros de texto (alumnado admitido de 1º/2º EP e con necesidades educativas especiais) e os vales para adquisición de material escolar (admitidos EP). Os vales pódense recoller desde o venres 17 ata o venres 24 de xullo en horario de 10 a 13h. Recordade respectar as medidas sanitarias e de distanciamento. Será necesario asinar no momento de recoller os documentos, polo que recomendamos que portedes o voso propio bolígrafo. As familias que non recollan a documentación nas datas sinaladas poderá facelo tamén en setembro.

Sobre estes procedementos, a orde referencia de consulta é esta: Orde do 12 maio 2020

Deixamos un resumo dalgunhas instrucións desta orde a ter en conta polas familias e recordamos tamén a necesidade de entregar as solicitudes para o Comedor e o Transporte Escolar para o curso 2020/2021 o antes posible (só para o alumnado que aínda non o fixera).

Un saúdo

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición de libros e material escolar 2020/21

Estimadas familias, 

Hoxe abre o prazo para presentar as solicitudes para o fondo solidario de libros de texto, así como para as axudas de libros e material escolar. O último día para presentar as solicitudes será o venres 19 de xuño.

Lembramos que o alumnado de 1º e 2º de Primaria non ten fondo de libros polo que se tramitaran as axudas de libros e materiais. 

Os libros de 3º e 5º este ano cambiarán, polo que se incorporarán novos libros ao fondo.

O alumnado que no curso 2020/2021 se incorpore a Educación Secundaria Obligatoria deberá presentar as solicitudes no Instituto ao que vaia acudir o ano que ven.

Deberase entregar o Anexo I e o Anexo II cumprimentados, así como a documentación necesaria en cada caso.

A solicitudes poderánse prensentar mediante a sede electrónica da xunta.

Ou de forma presencial no centro. Recomendamos que aproveiten o horario establecido para a devolución de libros de texto e recollida de material proporcinado polo centro.

Pregamos que lean con atención o documento adxunto onde se explica o proceso e como cubrir a solicitude, así como a documentación a presentar.

Para calquera dúbida, quedavos a vosa disposición no teléfono do centro e no correo electrónico.

Atentamente, 

O equipo directivo.

Documento explicativo.

Anexo I

Anexo II

Enlace a sede electrónica

Enlace a aplicacion fondo libros.

Fondo Solidario de Libros e Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2019/2020

Fondo Solidario de Libros de texto e Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2019/2020.

 

Publicación da listaxe definitiva de admitidos no Fondo Solidario de Libros de Texto para o vindeiro curso 2019-2020 (cursos:3º, 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria) . Para ver a listaxe premer aquí.

Publicación da listaxe das Axudas para a adquisición de Libros de Texto (1º e 2º Ed.Primaria) e das Axudas para a adquisición de Material Escolar (todos os cursos de Ed.Primaria). Para ver a listaxe premer aquí.

Os vales das axudas para os libros de texto e o material escolar poderanse recoller na secretaría do centro dende o venres 5 de xullo ata o venres 12 de xullo en horario de 10:00 a 13:00h. No caso de que quede algunha familia pendente de vir nesas datas poderano recoller en setembro.

Atentamente,

A secretaria. 

Distribuir contido


by Dr. Radut