Skip to Content

Historia e entorno socio-cultural, Instalacións, Coñece o noso centro, Localización

Instalacións

Aínda que a primeira construción do noso colexio foi no ano 1972, ampliouse posteriormente en dúas ocasións, incrementando o número de aulas e servizos. As instalacións son as seguintes: 

  • 9 aulas/clase.
  • 2 aulas de apoio.
  • Ludoteca
  • 1 sala de audiovisuais.
  • Sala de profesorado.
  • Aula de Orientación.
  • Comedor.
  • Zona administrativa.
  • Aula de idiomas.
  • Aula de informática.
  • Biblioteca.
  • Aula de música.
  • Ximnasio.
  • Pavillón Anexo (Concello).

premer na seguinte imaxe

 

Historia e entorno socio-cultural

O noso centro foi creado segundo a Orde Ministerial de 16 de maio de 1970, comezando a funcionar en marzo de 1972. Situado no lugar de Bormoio, na parroquia de Augalada (Concello de Coristanco), dista 12 quilómetros da capital comarcal (Carballo) e 45 da capital provincial (A Coruña). Actualmente recóllense alumnos/as das seguintes parroquias: Agualada, Castro, Ferreira, Cuns, Nantón e Rioboo; estas dúas últimas pertencen ao Concello de Cabana de Bergantiños. 

O edificio actual dista moito da primeira construción, xa que ao longo destes máis de 30 anos de historia, foron engadíndose 2 aulas e un laboratorio nun primeiro momento, e posteriormente outras 5 aulas, unha delas destinada a Educación Musical, que podería funcionar tamén como sala de audiovisuais. Ademais, contamos cun ximnasio cuberto, comedor  e biblioteca,  facendo un total de 1.500 metros cadrados edificados.

O nivel socio-económico e cultural no que se enmarca o noso centro é medio-baixo, destacando a base agraria da economía reforzada por unha forte emigración (especialmente a Suiza e Alemaña) e un progresivo abandono do medio rural cara aos centros urbanos máis próximos (Carballo e A Coruña, principalmente). Destaca tamén a ausencia de infraestruturas industriais e empresariais de consideración, polo que a maioría da poboación debe desprazarse a outras localidades para traballar.

Do mesmo xeito, a localidade atópase escasamente dotada de servizos educativos complementarios (academias, asociacións...) ou elementos culturais (cines, teatros...).

Resulta especialmente significativo o elevado número de persoas maiores de 65 anos, cunha taxa de mortandade moi superior á de natalidade, coa conseguinte perda de alumnos/as matriculados/as no centro ano tras ano.

No aspecto lingüístico, o galego é a lingua materna e vehicular da práctica totalidade da poboación.

 

Onde estamos?

O CEIP de Bormoio-Agualada atópase no Concello de Coristanco, a 47 km da A Coruña (España).

En street view (google maps)

 

Como chegar ata o noso centro? 

Fai click sobre o indicador "A" e escolle "como chegar ata aquí" e indica o teu punto de orixe, para calcular a ruta.

C.E.I.P. De Bormoio-Agualada

Campo fa Feira s/n - Agualada

15148 - Coristanco

881 880 546 (dirección) - 881 880 547 (secretaría) - 881 880 550 (fax) 

ceip.bormoio.agualada@edu.xunta.gal

Distribuir contido


by Dr. Radut