Skip to Content

Menú setembro

Abalarmóbil

abalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica de calquera dos seus fillos a través do teléfono móbil.

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias, ofrece estes servizos móbiles de Abalar para permitir aos responsables do alumnado poder seguir a actividade dos seus fillos desde calquera lugar.

Trátase dunha aplicación móbil para os sistemas operativos máis difundidos: iOS e Android .

A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise desde Apple Store (se o sistema operativo é iOS) ou desde Play Store (se o sistema operativo é Android). 

 

Adxuntamos unha guía. 

Reunións iniciais

6 de setembro de 2024

-3º e 4º de Educación Primaria: 11:00

-5º e 6º de Educación Primaria: 12:00

 

9 de setembro de 2024

-1º e 2º de Educación Primaria 11:00

-Educación Infantil 12:00

Benvido ao curso 2024-2025

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Actividade lectiva

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil e educación primaria, realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

Vacacións escolares

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2024/25 serán os seguintes:

Desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.

Os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

Desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.

Días non lectivos

As festas laborais de ámbito estatal, as festas laborais de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e as festas laborais de carácter local acordadas pola consellería con competencias en materia de emprego da Xunta de Galicia serán días non lectivos.

O Día do Ensino, que terá a consideración de día non lectivo, celebrarase o 31 de outubro de 2024.

Dous días non lectivos a maiores en función do Concello de Coristanco.

Distribuir contido


by Dr. Radut