Carreira ENKI pola integración

Aquí temos o video co resultado da nosa carreira pola inclusión.

Visita ao Museo de Belas Artes de A Coruña

Nesta ocasión, a quenda de visitar o Museo de Belas Artes e participar das propostas que ofreceron as súas guías foi para o alumnado de 5º de primaria. Pasamos un agradable mañá no museo e nos felicitaron polo bo comportamento e implicación na actividade.

Visita ao MUNCYT

Esta pasada semana, o alumnado de 5º de Educación Primaria visitou o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT). Nel experimentaron e aprenderon moitas cousas gracias aos seus monitores.

CONTACONTOS EN FAMILIA

Esta semana comezaron as sesións de contacontos por parte das familias na biblio do cole para o alumnado de 4º de educación infantil. A mamá e o papá de Tirso léronnos Cocorico e ensináronnos a compartir un rico biscoito como o do conto. Moitas grazas pola vosa colaboración!!!!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O mércores 15 de febreiro contaremos cunha Xornada de portas abertas de 16:00 a 18:00 horas.

RESERVA DE PRAZA ESO CURSO 23/24

Xúntase información e anexo para reserva de praza na ESO para o curso 23/24.

VISITA A CASA MUSEO MARIA PITA

Esta semana comezou un novo trimestre e o alumnado de 1º e de 3º visitou a casa Museo de María Pita. O alumnado acercouse a figura da heroína coruñesa, coñecendo a súa vida e repasando a historia de A Coruña.

Bo Nadal

O CEIP Plurilingüe Concepción Arenal deséxavos un bo nadal e un próspero ano novo.

Semana da discapacidade

Durante a primeira semana de decembro traballamos diferentes propostas con variadas actividades para conmemorar a semana da discapacidade. No obradoiro "Aprendendo en familia" de 6º de EI, contamos coa colaboración de Fe e Tamara para ensinarnos Lingua de signos. Faláronnos do importante que é superar os impedimentos no noso día a día, buscando solucións que estean nas nosas mans, facéndonos persoas máis felices e capaces. Por outra banda, desde COGAMI, levouse a cabo un contacontos ofrecido por Chus e Sonia. Por último, o alumnado de educación primaria participou na carreira ENKI que se organizou desde o centro e cuxo resultado podreis ver en breve.

25 NOVEMBRO: Non violencia

A semana do 25 de novembro, dende as diferentes titorías de Infantil e Primaria, traballamos diferentes propostas nas que se conmemorou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, decoramos as nosas portas e corredores e gravamos un fermoso video cantando a canción Depende dos dous que podedes ver visitando o blogue da Biblioteca do centro premendo aquí. 

Distribuir contido