Castro de Elviña

O alumnado de 4º de primaria visitou este famoso poblado protohistórico situado en Elviña.

 

Deporte adaptado

Da man de ENKI, o alumnado de 6º coñeceu as posibilidades que ofrece o deporte adaptado de modo que todos e todas podamos practicar calquera tipo de deporte favorecendo a inclusión da diversidade a través do deporte.

Monte de San Pedro

Nesta ocasión, o alumnado de 2º de primaria, despois da visita das monitoras que impartiron nas aulas unha charla sobre educación ambiental, visitaron o Monte de San Pedro para coñecer, entre outras cousas, o ecosistema dese entorno natural. O programa Vexo, vexo sobre Educación ambiental ten como obxectivo a sensibilización polo coidado da contorna.

Digocho eu¡¡¡¡

Xa temos o resultado do video no que explicamos os sinónimos do "saltar" para o Digocho eu¡¡¡¡

Podedes velo premendo no enlace.

 

Visita a estación meteorolóxica de Santa Margarita

Dentro do programa de educación ambiental do Concello, o alumnado de 3º de primaria coñeceu a estación meteorolóxica de Santa Maragarita e o seu entorno.

 

A ruta da auga

O alumnado de 5º fixo unha saída á planta potibilizadora da Telva. Esta saída foi o punto final dunha serie de actividades de educacion ambiental que o alumnado de 5º e 6º levou a cabo dende o proxecto A ruta da auga. Ambos niveis recibiron unha sesión de formación na aula e fixeron unha saída a planta potibilizadora de A Telva e unha pequena ruta polo río Mero. Recoñecer a nosa implicación e responsabilidade no uso da auga foi o obxectivo central desta actividade.

 

 

Coñecemos o Castelo de San Antón

Este mércores, o alumnado de 6º e primaria visitou as instalacións do Castelo de San Antón e coñeceu o que o expón o seu museo.

Dia mundial de concienciación do autismo

O pasado 2 de abril celebrouse o Día Mundial de concienciación do Autismo, dende o centro quixemos recordar esta data e sensibilizar así a comunidade educativa.

CHARLA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL

Esta semana, o alumnado de 5º e 6º de primaria, recibimos unha sesión de educación ambiental preparatoria para a saída que se fará ao Río Mero e potabilizadora.

Deporte adaptado con ENKI

A pasada semana, dous membros de ENKI visitaron o centro e deron unha charla ao alumnado de 6° de primaria sobre deporte adaptado.

 

Distribuir contido