Obradoiro de gaitas Seivane
Enviado por admin o Ven, 05/19/2023 - 08:52O alumnado de 5º de EP foi a coñecer o Obradoiro de gaitas de Seivane en Cambre, unha potente empresa galega na construcción, comercialización e exportación de gaitas.
Recollida de lixo na praia de Santa Cruz
Enviado por admin o Ven, 05/19/2023 - 08:49Nesta ocasión, foi o alumnado de 3º e 4º os que comprobaron o estado das nosas praias e a cantidade de lixo que deixamos nelas contaminando o noso ecosistema.
Letras Galegas 2023
Enviado por admin o Mar, 05/16/2023 - 10:19Conmemoramos o día das Letras Galegas dedicado a Francisco Fernández del Riego recordando a outros e outras grandes escritores e escritoras da nosa lingua.
Feliz Día das Letras Galegas¡¡
Recollida de lixo na praia de Santa Cristina
Enviado por admin o Mar, 05/16/2023 - 09:58O alumnado de 5º acudiu a praia de Santa Cristina a revisar o estado da praia en canto a residuos, recollendo, nunha hora e media, varios quilos de plásticos e restos, comprobando así a importancia da xestón axeitada de residuos.
Visita de Ledicia Costas
Enviado por admin o Xov, 05/11/2023 - 10:11Esta semana visitou ao noso alumnado de 5º de Educación Primaria, Ledicia Costas, escritora que nos contou anécdotas e asinou exemplares de Vampira de biblioteca.
Visita de Manuel Rivas
Enviado por admin o Lun, 05/08/2023 - 15:40O alumnado de 6º recibiu, no noso centro, a visita do escritor Manuel Rivas, que, despois da súa charla, asinou exemplares da súa obra.
2 DE MAIO: Dia Internacional contra o acoso escolar.
Enviado por admin o Lun, 05/08/2023 - 15:32Contra o acoso...fala agarimoso!!
Retrato de mulleres artistas, formas e cores
Enviado por admin o Mar, 05/02/2023 - 09:13A semana pasada, o alumnado de 5º de primaria asistiu a clausura dos Talleres Retratos de mulleres artistas, formas e cores que se desenvolveron en marzo no marco das actividades do 8M, Día Internacional da muller.
Sistema Lupo
Enviado por admin o Xov, 04/27/2023 - 12:35Durante este curso, o profesordo do centro contou cunha pequena formación en LUPO e, coas pezas proporcionadas polo Centro de formación e recursos de A Coruña, aplicamos na aula o método con fantásticos resultados.
Obradoiro Braille
Enviado por admin o Mar, 04/25/2023 - 12:56O alumnado de 3º recibiu unha sesión na que coñeceron o alfabeto Braille e practicaron a escritura na máquina Perkins.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »