Prezadas familias.
Presentamos a continuación toda a información para solicitar o fondo solidario de libros de texto e as axudas de material escolar e libros de texto para o curso 23/24.
O prazo para presentar as solicitudes inicia o día 20 de maio e rematará o 21 de xuño (incluído).
1. Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
2. Instruccións.
3. Documentación necesaria:
Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais menbros da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Anexos I e II. (galego).