Skip to Content

CONCURSO SOMBREIROS SAMAÍN

 

 

 

Benqueridas familias.

Como todos os anos coa chegada do Samain, convocamos o concurso artístico e terrorífico que este ano adicamos á elaboración e decoración de gorros (de todo tipo de materiais: de tea, de papel, de cartón...).

Os premios serán ao máis orixinal e ao máis terrorífico.

Podedes comezar a traelos o luns 23 de outubro ate o xoves 26, que será o último día de entrega.

Quedarán expostos e levaranse de volta para a casa o venres 3 de novembro

O luns 30 de outubro celebramos pola mañá a festa do Samain-Magosto, onde haberá diversos xogos e merenda con castañas.

Os nenos e nenas poderán vir disfrazados da casa ese día pero lembramos que non se poden traer complementos e deben de ser cómodos xa que haberá clase normal as tres primeras horas. 

O equipo de actividades complementarias e extraescolares.



page | by Dr. Radut