Skip to Content

ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS, NAIS E TITORES/AS LEGAIS.

Prezadas familias.

 

A continuación presentamos o calendario para levar a cabo as eleccións ao consello escolar (este ano hai que escoller a dous representantes de pais, nais ou titores/as legais.

- VENRES 4 DE NOVEMBRO: Empeza o prazo de presentación de candidaturas e reclamacións de censo (publicado no taboleiro de anuncios). O modelo para presentar a candidatura solicitarase na conserxería.

- VENRES 11 DE NOVEMBRO: remata o prazo de presentación de candidaturas.

- LUNS 14 DE NOVEMBRO: comezo das campañas electorais.

- LUNS 28 DE NOVEMBRO DE 17:00 a 20:00 horas: votacións.

 

 

 

No documento adxunto (arriba) tamén podedes imprimir o modelo para presentar a vosa candidatura.

Calquera dúbida facédema saber.

Seguireivos informando de calquera novidade.

 

Un saúdo.

 

 



page | by Dr. Radut