Saída ao Centro Ecuestre "O Ventoso"

Hoxe foi xornada de saída para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, que puideron gozar dun soleado día no Centro Ecuestre "O Ventoso". Alí elaboraron os seus propios boliños de pan, coñeceron unha gran variedade de animais da granxa e peitearon aos ponis ademais de montar neles. Unha mañá moi aproveitada da que podedes atopar fotos no blog do EACE.

Powered by Drupal - Design by artinet