21-04-2022

 

O obxetivo deste proxecto é o de dotar aos nenos/as dunhas nocións básicas en materia de prevención e primeiros auxilios para dar unha resposta eficaz ante calquera situación de emerxencia que se poida presentar. 

A clave está en explicarlles as técnicas máis básicas de asistencia de modo sinxelo, visual e atractivo para, por medio de actividades divertidas e cancións. 

A información que se lle debe de dar aos nenos/as sobre este tema será acorde a súa idade. Na etapa infantil é importante que cada neno/a tome conciencia acerca do concepto de emerxencia, en que momentos debe de acudirse a un médico, así como ensinarlles como e cando utilizar o número de emerxencia 112.

Cando inician a educación primaria chega o momento de ensinarlles a recoñecer os perigos que se poden atopar cotidianamente en distintas situacións e lugares e cales son as pautas de prevención, empregando palabras que poidan entender con facilidade. Como socorrer en distintos casos de accidente, cales son os primeiros auxilios que deben aplicarse, especialmente porque á súa idade son propensos a sufrir golpes, cortes, queimaduras, asfixias ou feridas que en ocasións requiren destes coñecementos. 

Se os menos/as teñen coñecemento de primeiros auxilios poderán aplicar as medidas de prevención e de urxencia destinadas a salvar a vida a calquer persoa.

Abogamos pola importancia deste proxecto e porque se instale e normalice nas nosas escolas, favorecendo que os menos/as se familiaricen e interioricen unha información tan vital. 

Adquirir estos coñecementos desde edades temperás pode salvar moitas vidas.

ACTIVIDADE PATROCINADA POLA ANPA DO NOSO COLE

  

Powered by Drupal - Design by artinet