15-06-2018

Esta mañá, Xiao, alumno de 5º curso do noso centro, foi premiado cunha tablet pola súa idea de negocio no concurso de redacción "ATRÉVETE A TER UNHA IDEA!".

O acto tivo lugar no MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia), en Santiago de Compostela, e comezou co agradecemento, por parte da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola participación de todos os axentes implicados no programa "Atrévete": asociacións empresariais, centros de formación profesional e centros educativos. A continuación, proxectouse un vídeo no que se resumían as actividades realizadas ao longo deste curso académico e, finalmente, procedeuse á entrega de premios aos alumnos e de placas ás asociacións empresariais colaboradoras.

Parabéns a Xiao e ao resto do alumnado de 5º e 6º pola grande calidade das súas redaccións!

 

Powered by Drupal - Design by artinet