05-04-2018

O 5 de abril marchamos de excursión cara a Coruña, nunha data en que misturáronse a ledicia da saída coa inmensa pena pola recente pérdida do noso benquerido Antonio a cuxa familia transmitimos o noso máis fondo pesar.

Tal como coñecedes, visitamos a CASA DAS CIENCIAS E PLANETARIO, a DOMUS, e o alumnado de PRIMARIA o CASTELO DE SAN ANTÓN mentres os pequenos de infantil, durante esta derradeira visita, disfrutaron das atraccións dun estupendo parque no centro da cidade herculina.

Pola miña parte non teño máis que agradecer a todo o profesorado a súa involucración e o seu impagable esforzo e traballo por estar de maneira permanente pendente do seu alumnado, dado que estas macroxornadas, especialmente para as docentes de infantil, fanse maratonianas.

Grazas, compañeir@s e grazas a todas as familias por estar sempre ahí e valorar os acertos e minimizar os erros que cometemos porque sabedes perfectamente que o que estamos a facer e por ver felices a eses nenos que dun xeito ou outro, compartimos pero que todos queremos.

 

Powered by Drupal - Design by artinet