23-01-2018

Dado que estamos a participar no PROGRAMA ATRÉVETE para coñecemento empresarial, o alumnado de 5º e 6º de primaria, acompañados polos profes MARIÑA, SILVIA e RAFA, visitaron hoxe a recén inaugurada LIBRARÍA COORDENADAS, e a nosa xa emblemática FARMACIA PILAR LEMA, ubicadas, ambas as dúas, no centro da Silva.

De volta ao cole, o alumnado chegou encantado e entendendo moito mellor como é o funcionamento diario dunha libraría e dunha farmacia.

Desde o noso colexio queremos agradecer a ADRIANA e a CAMILA, o agarimo e a atención que nos amosaron na súa preciosa libraría -coa que desde o noso centro comprometémonos a colaborar, dado que entre todos debemos de apoiar as iniciativas que xurdan na Silva-, e a PILAR e a FRANCISCO, porque con toda a clientela que acudíu á farmacia durante o tempo que estivemos alí, en ningún momento deixaron de atender ao noso alumnado e todo foron atencións.

Grazas por tratarnos tan ben!

Unha aperta desde a nosa Comunidade Educativa.

 


 

Powered by Drupal - Design by artinet