Saltar navegación.
Inicio

Servizos

Comedor 2013/2014

O mércores 11 de setembro, día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados dende a Consellería e adaptados, un ano máis, as necesidade existentes para o presente curso dando así resposta ás alumnas e alumnos.

O Comedor do centro, pasa a estar xestionado segundo o seguinte decreto: 

Decreto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería que ostenta as competencias en materia de educación


Durante estes días serán vostedes informados dos cambios de funcionamento na xestión dos pagos e os novos mecanismos que a aplicación deste novo decreto conleva. Namentras, o servizo seguirá funcionando coa calidade que o carateriza neste centro educativo.

Esperta con Nós

O centro dispón de servizo de acollida do alumnado, con ou sen almorzo, a partir das 7.30 h. da mañá.

Preténdese, ademais de ofertar un servizo a esta Comunidade Educativa, inculcar hábitos alimenticios saúdables, tendo en conta que o almorzo debe ser a comida máis importante do día.

Distribuir contido