Normalización Ling.
Recomendacións de lecturas en galego.
Como cada ano polo Nadal, recomendámosvos unha serie de lecturas en galego que poden resultar interesantes como agasallo, tanto para Papá Noel como os Reis Magos de Oriente.
Este ano, as novidades que nos partilla a coordinación do E.D.L.G do Morrazo son as que poden atopar nos seguintes enlaces.
Guía de Lecturas para Infantil.
Guía de Lecturas para Primaria.
Guía de Lecutas para Secundaria.
Desexamos que vos gusten!
O homiño de papel. Día Universal da Infancia.
Os nenos e nenas de infantil celebramos o Día Universal da Infancia e o facemos a través do libro O homiño de papel.
Unha nena aburríase na casa cos xoguetes que sempre tiña e non se entretiña.
Un día imaxinou, inventou e fixo un amigo de papel de periódico.
O homiño de papel e máis a nena aprenderon a descubrir a vida, as cousas boas e malas que hai nela, e como se lles pode trasmitir alegría e esperanza aos nenos e nenas; mirando as accións humanas cos ollos da solidaridade.
O ALUMNADO DE INFANTIL, INVITÁMOSVOS A DESCUBRIR CON NÓS OS NOSOS HOMIÑOS DE PAPEL, E AS COUSAS QUE A NÓS COMO NENOS E NENAS NOS FAN FELICES.
Premede na imaxe para ver o vídeo
Unha aperta!!
Revista "A Gamela"
Un novo curso que remata e con el chega todo un clásico no noso centro: a revista A Gamela.
Os nenos e nenas do cole divertímonos aprendendo moitas cousas este curso 2022/2023. Premendo na seguinte fotografía, podedes visualizar as páxinas da Gamela, onde atoparedes un breve resumo de todo o que fixemos.
Feliz verán!
Recomendacións de lecturas en galego.
Como cada ano polo Nadal, recomendámosvos unha serie de lecturas en galego que poden resultar interesantes como agasallo, tanto para Papá Noel como os Reis Magos de Oriente.
Este ano, as novidades que nos partilla a coordinadora de E.D.L.G do Morrazo son as que poden atopar nos seguintes enlaces.
Guía de Lecturas para Infantil.
Guía de Lecturas para Primaria.
Guía de Lecutas para Secundaria.
Temos que realizar un agradecemento a Josuha Xanbreo, por agasallarnos coa ilustración que preside esta publicación, a cal pertence ás guías de lectura deste ano.
Buli - Receitas mariñeiras
Enviado por biblioteca o Xov, 13/10/2022 - 12:55
Aclaracións:
- As crianzas de Educación Infantil poden participar facendo a receita com debuxos ou recortes de revista con axuda das familias.
- Non é obrigatorio empregar o modelo dado. Só é un exemplo dos elementos que debe incluír a receita.
- Lembra que ten que ser en galego!
O ENTROIDO DOS NOSOS MAIORES
Este ano o proxecto de centro é De cada década, con ese tema quixemos recuperar unha expresión
cultural galega con moita historia.
O alumnado de 6° entrevistou a unhas alumnas moi especiais que nos quixeron contar como se
celebraba o entroido noutrora.
Esperamos que disfrutedes deste pequeño documental visto dende a perspectiva doutra xeración.
Sempre aprendendo dos nosos maiores!
Concurso Cantamos coas mans!
Enviado por Anónimo o Mér, 04/05/2022 - 11:18Dende o CEIP Plurilingüe do Castrillón Coiro queremos informar que gañamos o premio de MENCIÓN HONORÍFICA no concurso de "Cantamos con las manos" da Asociación de Xordos de Galicia.
Este premio pon en valor o traballo en equipo do equipo docente, alumnado e persoal non docente. O Concurso permitíunos coñecer un pouquiño a lingua de signos pero tamén nos permitiu poder achegar á comunidade xorda a figura de Rosalía de Castro, que na actualidade aínda seguen tendo moitas barreiras para acceder á cultura, e máis á galega. Este premio é un gran premio, xa que é un fin social e inclusivo, ademais do orgullo de levar este premio, que o outorga un xurado profesional, xunto con outros centros que teñen un maior percorrido neste campo.
Grazas e a seguir signando.
Agradecementos:
Eva Graña: mestra de A.L., por embarcarte nestre proxecto e achegarnos a un mundo lingüístico máis diverso.
Paz Martínez: mestra de música, por poñerlle a música e darnos un pouquiño da túa sabiduría.
Sara Costa: mestra de P.T., por favorecer sempre a inclusión cos pictogramas e estar disposta sempre a axudar.
Laura Vicente: coordinadora E.D.G.L., pola organización e adptación da letra.
Ao noso ALUMNADO por transmitir esa ilusión por aprender e facer un mundo máis DIVERSO.
Ao Equipo Directivo por crer en nós e neste proxecto.
GRAZAS A TODES!!!
Concurso Asociación FAXPG" Cantamos coas mans"
Enviado por lauvicente o Ven, 22/04/2022 - 11:46A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG) convoca o concurso de " Cantamos con las manos" na que o noso centro participou co poema de Rosalía de Castro Miña casiña meu lar, que tamén o traballamos o día da escritora.
Se pinchades no enlace
Ademais necesitamos da vosa axuda. Nesta páxina https://www.faxpg.es/cantamos-con-las-manos-es.html pódese votar. Anímadevos a votar e a ver os outros vídeos.
Un saúdo.
LETRAS GALEGAS 2021:Xela Arias
Enviado por Anónimo o Dom, 16/05/2021 - 13:00Este ano 2021 as Letras Galegas adícanse á poeta Xela Arias.
O alumnado do CEIP Castrillón quere homenaxeala recitando poemas duha das súas obras, Darío a Diario,que escribiu co nacemento do seu fillo Darío.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!
IMAXE DE SABELA CARBALLO
Concurso de Portada de "A Gamela"
Xa temos portada e contraportada para a nosa revista "A Gamela".
Depois dunha votación moi axustada as gañadoras son a nº11 e a nº 17. Noraboa aos gañadores/as e moitas grazas a todos/as que participastes.
Saúdos.
Letras Galegas: Xela Arias.
Enviado por lauvicente o Mar, 11/05/2021 - 11:49Este ano 2021 as Letras Galegas están adicadas a Xela Arias.
Como cada ano son moitas as actividades que se propoñen nas redes para traballar persona a que se lle adica o 17 de Maio.
Actividades para Educación Infantil
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!!!
Entroido
Enviado por Anónimo o Dom, 07/02/2021 - 20:20NESTE ANO TAN PECULIAR
O ENTROIDO EN CASTRILLÓN ESTÁ POR CHEGAR,
AÍNDA QUE NOS PODEMOS DISFRAZAR
A FESTA NESTE CURSO VAISE DIFERENCIAR.
PARA O ENTROIDO PODER TRABALLAR
A WEB DO COLE IMOS VISITAR,
ACTIVIDADES E XOGOS QUE SE ESTÁN A DESEÑAR
E ASÍ POLOS ENTROIDOS PODER VIAXAR.
VIVA O ENTROIDO!!!
PARA INFANTIL 1º E 2º: https://learningapps.org/view17277036
PARA 3º, 4º ,5º E 6º:https://es.educaplay.com/juego/8083484-pasapalabra_do_entroido.html
CONSULTA:
Concurso Ollo á palabra do día.
Enviado por Anónimo o Xov, 08/10/2020 - 12:20
Ola a todos e todas!
Dende EDLG propoñémosvos un xogo moi divertido. Entrade en https://portaldaspalabras.gal/concurso-olla-a-palabra-do-dia/ e a debuxar!!! Animádevos!!!
Apertas virtuais
Homenaxe letras galegas
O alumnado de 5º de EP fixo un video conmemoración das letras galegas.
Ao final do video os alumnos fanlle unha homenaxe á nosa ilustre compañeira María Abel Diéguez.
Esperamos que vos guste.
Letras galegas 2020
Este curso 2019 -2020 non puidemos conmemorar as letras galegas como tódolos anos, pero o alumnado de Castrillón - Coiro sempre está disposto a colaborar.
Este video é unha pequena homenaxe ás nosas letras.
Esperamos que vos guste.