Concurso de Portada de "A Gamela"

Xa temos portada e contraportada para a nosa revista "A Gamela".

Depois dunha votación moi axustada as gañadoras son a nº11 e a nº 17. Noraboa aos gañadores/as e moitas grazas a todos/as que participastes.

Saúdos.

Letras Galegas: Xela Arias.

Este ano 2021 as Letras Galegas están adicadas a Xela Arias.

Como cada ano son moitas as actividades que se propoñen nas redes para traballar persona a que se lle adica o 17 de Maio.

Música

Actividades para Educación Infantil

Actividades para Educación

Outras actividades

Máis actividades

Obras e cronoloxía

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!!!

INFORMACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

 

INFORMACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

CURSO 2021/2022

 

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2021/2022, informamos

que todo o alumnado que solicitou praza no noso centro foi admitido.

 

As listaxes co alumnado admitido están publicadas no taboleiro situado no porche interior do edificio de E. Primaria.

 

 

RECURSOS PARA A PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

Desde o Departamento de orientación elaborouse un documento onde se recollen algúns recursos que poden resultar interesantes para traballar a prevención do acoso escolar.

Nel  atoparedes bibliografía, curtametraxes e dinámicas que pretenden fometar o respecto, o traballo en equipo e a tolerancia.

Esperamos que sexa da vosa axuda.

 

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO ACOSO ESCOLAR

Para conmemorar o Día Internacional do Acoso Escolar, o alumnado do noso centro levou a cabo este vídeo.

Todos e todas estamos en contra do acoso!

 

CANTO VOA O TEU AVIÓN?

Hoxe, o alumnado de 5º de E. Primaria puxo en práctica os contidos aprendidos durante este trimestre sobre as medidas de lonxitude. Cada un deles fixo voar o seu avión para despois medir a distancia alcanzada.

Cal deles chegaría máis lonxe?

Aquí vos deixamos algunhas fotografías da divertida competición.

 

XIMNASIA CEREBRAL PARA TODA A FAMILIA

Desde as aulas de educación infantil de 4 e 5 anos e principalmente desde as sesións de psicomotricidade estase traballando uns exercicios que estimulan a "interconexión hemisférica cerebral" permitindo a xestión e execución das diferentes tarefas (memoria, coordinación, ritmo, atención, concentración) e funcións cognitivas.

Estes exercicios son bos para todo o alumnado tanto de infantil como de primaria, incluso par vós, polo que aconsellámosvos que os practiquedes en familia un ratiño cada día.


Moitas grazas.

CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO

Co gallo do día internacional da muller, algunhas das mestras do noso centro contáronnos a súa historia persoal.

GRAZAS por compartir estas historias con nós.

Esperamos que vos guste!

 


 

EXPERIMENTO SOCIAL 8M

Co motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o alumnado de 3º B fixo un experimento social que podedes ver pinchando na seguinte imaxe.

Desexamos que vos guste!

 

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2021-2022

Dende o C.E.I.P. Castrillón - Coiro queremos informarvos que de acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de marzo iníciase o prazo de admisión de solicitudes.

Atendendo á situación actual que estamos a vivir por mor da COVID-19, non podemos realizar a presentación do noso centro nin da nosa metodoloxía de traballo como en anos anteriores, por este motivo preparámosvos os seguintes vídeos para que coñezades un pouco máis sobre nós.

 

 

Ademais, tamén preparamos o seguinte tríptico informativo con toda a información necesaria sobre o noso centro, así como os teléfonos de contacto ós cales vos podedes dirixir para aclarar calquera dúbida.

 

A solicitude de admisión do alumnado realizarase mediante o FORMULARIO DE ADMISIÓN que está a súa disposición na secretaría do centro. Este formulario tamén pode descargarse no seguinte enlace.

Formulario de Admisión.

 

Unha vez descargado, deberase cumprimentar de forma manual e presentarase no centro.

ACONSÉLLASE pedir previamente CITA TELEFÓNICA nos seguintes teléfonos: 886 110 173, 886 110 172 e 886 110 170.

As franxas horarias nas que se pode facer entrega da documentación son:

  • De 9.00 a 11.00 horas.
  • De 13.00 a 14.00 horas.
  • De 16.00 a 17.00 horas. (excepcionalmente para aquelas familias que non poidan acudir ó centro educativo en horario de mañá)

 DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA NECESARIA:

  • Formulario de Admisión.
  • Fotocopia completa do Libro de Familia.
  • Fotocopia do DNI dos proxenitores e do solicitante (Se o ten expedido).
  • 4 fotografías tamaño carnet.
  • Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou do seguro que lle corresponda ao alumnado solicitante.
  • Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. (Expedida polos servicios sociais competentes que acrediten as circunstancias alegadas).
  • Certificado médico que acredite:
    • Ausencia de enfermidades infecto-contaxiosa.
    • Ausencia de defecto físico ou psíquico invalidante.
    • Estar ó día no cumprimento do calendario oficial de vacinacións.
    • A posesión dalgunha alerxia medicamentosa.
  • Volante de empadroamento no que figuren todos os membros que conviven no domicilio familiar (Solicítase no concello).

Tamén poderá realizarse a presentación telemática no mesmo prazo (desde o 1 ó 22 de marzo) na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

Os postos escolares vacantes están publicados nesta ligazón e no taboleiro de anuncios do centro.

Prazos:

  • Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 22 de marzo.
  • A lista de admitidos/as e excluídos/as exporase no taboleiro de anuncios do centro na primeira quincena de maio.

Entroido

07/02/2021

NESTE ANO TAN PECULIAR

O ENTROIDO EN CASTRILLÓN ESTÁ POR CHEGAR,

AÍNDA QUE NOS PODEMOS DISFRAZAR

A FESTA NESTE CURSO VAISE DIFERENCIAR.

PARA O ENTROIDO PODER TRABALLAR

A WEB DO COLE IMOS VISITAR,

ACTIVIDADES E XOGOS QUE SE ESTÁN A DESEÑAR

E ASÍ POLOS ENTROIDOS PODER VIAXAR.

VIVA O ENTROIDO!!!

 

PARA INFANTIL 1º E 2º: https://learningapps.org/view17277036

 

PARA 3º, 4º ,5º E 6º:https://es.educaplay.com/juego/8083484-pasapalabra_do_entroido.html

 

CONSULTA:

 
 
 
 
Este é longo pero fala da cultura do entroido e é moi interesante

https://www.youtube.com/watch?v=b7S2Fs2twY0

ENTROIDO 2021

BULI INFORMA!

A semana do 8 de febreiro imos celebrar o entroido, e como xa sabedes, este ano non podemos levar a cabo a tradicional festa no noso centro. Por este motivo, aquí vos deixo as indicacións para cada día da semana que vén. Espero que vos guste, que poidamos divertirnos e pasalo o mellor posible.

Vémonos!

Día da Paz

Onte levamos a cabo a celebración do Día da Paz no noso centro. Unha celebración marcada polas circunstancias da COVID-19, a cal estamos a vivir todos e todas, tanto dentro como fóra do centro. Por este motivo, deixámosvos esta ligazón para que poidades desfrutar da actuación levada a cabo por todo o alumnado de educación infantil e primaria.

Esperamos que vos guste!

 

 

O MOVEMENTO DE ROTACIÓN E TRASLACIÓN

O alumnado de 5º de E. Primaria rematou hoxe o seus prototipos sobre os movemento de rotación e traslacion da Terra.

A través deste traballo de aula, comprobamos como a Terra xira arredor do sol pasando polas diferentes estacións do ano, así como o movemento de rotación. Sen deixar atrás as diferentes fases do noso satélite, a lúa, cando xira arredor da Terra.

Esperamos que vos guste!

BO NADAL

O persoal do C.E.I.P. Castrillón - Coiro quere desexarvos a través deste vídeo un bo nadal a todos e todas.

Esperamos que vos guste e que teñades unhas boas festas.

 

Preme na imaxe para visualizar o vídeo.

 

Distribuir contido