Saltar navegación.
Inicio

CANTO VOA O TEU AVIÓN?

Hoxe, o alumnado de 5º de E. Primaria puxo en práctica os contidos aprendidos durante este trimestre sobre as medidas de lonxitude. Cada un deles fixo voar o seu avión para despois medir a distancia alcanzada.

Cal deles chegaría máis lonxe?

Aquí vos deixamos algunhas fotografías da divertida competición.

 

O MOVEMENTO DE ROTACIÓN E TRASLACIÓN

O alumnado de 5º de E. Primaria rematou hoxe o seus prototipos sobre os movemento de rotación e traslacion da Terra.

A través deste traballo de aula, comprobamos como a Terra xira arredor do sol pasando polas diferentes estacións do ano, así como o movemento de rotación. Sen deixar atrás as diferentes fases do noso satélite, a lúa, cando xira arredor da Terra.

Esperamos que vos guste!

Benvidos e benvidas a 5º de E. Primaria

Homenaxe letras galegas

O alumnado de 5º de EP fixo un video conmemoración das letras galegas.

Ao final do video os alumnos fanlle unha homenaxe á nosa ilustre compañeira María Abel Diéguez.

Esperamos que vos guste.

 

 

SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO. 5º RELIXIÓN

Preme na imaxe para acceder a tarefa desta semana.     

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO. 5º RELIXIÓN

Preme na imaxe para acceder a tarefa desta semana.   

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO. 5º PRIMARIA

Preme na imaxe para acceder as tarefas desta semana.   

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO. 5º RELIXIÓN

Preme na imaxe e accederás a tarefa desta semana

Blog RefórzaT

A mestra do Plan Refórzate creou este blog para propoñer actividades.

Premendo na imaxe tedes acceso ao blog

 

 

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO. 5º RELIXIÓN

Premendo na imaxe podes acceder as tarefas desta semana.

SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO RELIXIÓN 5º

Premendo na imaxe tedes acceso as tarefas para esta semana.

Semana do 4 ao 8 de maio. Relixión 5º

A mestra de relixión propón unhas actividades para esta semana.

Premendo na imaxe podedes acceder a elas.

Semana do 27 ao 30 de abril. Relixión

Premendo na imaxe tedes acceso ás actividades propostas pola mestra de relixión.

Un saúdo e moito ánimo!

Semana do 20 ao 24 de abril. Relixión

RELIXIÓN: ACTIVIDADES DO 20 AO 23 DE ABRIL

 

5º de primaria

XOGO "PALABRAS REVOLTAS"

 

Esta semana celebramos o día do libro. Así que imos traballar sobre unha

sección do libro da Bilbia. Neste caso a través deste xogo que consiste en

adiviñar as palabras do Salmo que están revoltas (Salmo é un poema que

fala sobre como Deus se relaciona con aquel que entrega a súa vida a él).

As palabras en letra grosa son aquelas que deberás adiviñar.

As solucións dareinas a próxima semana. Espero que vos resulte doado para

resolver.

 

Moito ánimo!

 

Novos videos de EF

Novos videos do profe Javi!! 

Retos de Educación física

Retos de educación física

O profe Javi quere propoñervos uns retos para estes días.

Aqueles que queran facer o reto, poden enviarlle os seus videos aos seguintes enderezos.

 

- Para o alumnado de 5º e 6º: 

Enderezo: retoscoiro5e6@gmail.com

Videos:

 

 

 

 

Moito ánimo!!

Actividades de relixión. Do 14 ao 17 de abril

5º DE PRIMARIA

Exercicios para completar frases sobre notas de Jesús, esta actividade serviravos para

coñecer curiosidades de Jesús. Hai que completar os espazos en blanco coas

palabras que hai na parte superior. Espero que vos resulte interesante. (Premede na ligazón)

http://ficus.pntic.mec.es/~jpef0014/Lasnotas.htm

Recomendacións para o alumnado de 5º

RECOMENDACIÓNS PARA O ALUMNADO DE 5º

Estimadas familias:

Debido á situación extraordinaria na que estamos, queremos indicarvos unhas sinxelas pautas e recomendacións para o bo uso da tecnoloxía e a titorización e regulamento do traballo dos vosos fillos.

  • Imos traballar empregando a plataforma Eva. Procuraremos manter  o horario das materias de clase (por exemplo se o voso fillo ten o luns matemáticas e sociais serán sobre esas materias nas que deba traballar).
  • As tarefas colgaranse en CLASSROOM (plataforma de GOOGLE que xa coñecedes) cada día e marcando ademais os tempos de execución e entrega.
  • Solicitamos a vosa colaboración para supervisar as tarefas que entregan e se cumpren os tempos de execución, sobre todo para evitar o abuso no uso de Internet (non para corrixilas que o faremos as titoras, só  asegurádevos que as fan).
  • Só usaremos classroom, ningunha outra aplicación, nin videoconferencias grupais. Somentes os profesores empregaremos videotitoriais, se fose necesario, para dar explicacións teóricas aos nenos.
Distribuir contido