Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Cantamos e bailamos con Susa Herrera!

No día de hoxe, estivemos desfrutar dunha fermosa xornada na campaña da cantaautora Susa Herrera. Que ben o pasamos! 

Compartimos con todos vos, algúns fragmentos da actuación.

 

 

Conciliando de xeito responsable

O Concello de Aranga, brinda unha actividade para ofrecer unha ocupación para a rapazada de 4 a 14 anos do Concello de Aranga, naquelas familias que, pola ocupación laboral dos seus proxenitores, teñan dificultades para atender os menores en horario laboral.

O programa consistirá na organización de diversas actividades de carácter educativo, deportivo ou recreativo, orientadas a ocupar de xeito produtivo as mañás dos días laborables.

Haberá 40 prazas por quincena distribuidas en grupos de idade homoxénea.

No caso de haber máis demanda que prazas dispoñibles aplicaránse os seguintes criterios de prioridade:

  • 1º Casos de vulneravilidade
  • 2º Empadroados no Concello de Aranga
  • 3º Alumnado do CEIP A Castellana
  • 4º Familias cunha renda inferior ó 3,5 do IPREM
  • 5º Familias cos/as proxenitores/as empregados/as.

Unha vez confirmada a participación. Enviarase a documentación precisa para a inscrición definitiva. Que se deberá presentar nas oficina de Deportes do Concello de Aranga ou na súa sede electrónica (preciso sinatura dixital)

-Convocarase a  unha reunión a un proxenitor/a de cada familia, na que se resolverán as inquedanzas que se poidan ter sobre a actividade.

-O pagamento da taxa efectuarase mediante ingreso/transferencia bancaria. Pode facer a solicitude a través da seguinte ligazón.

Excursión fin de curso 2023

Estimadas familias,

Comunicarmos que o próximo 20 de xuño de 2023, levaráse a cabo a saída de fin de curso, dende 5º de EI (4 anos) ata 6º de EP, ambos incluídos.

A saída será a Casa do Queixo de Grixalba, en Sobrado dos Montes. Sairemos do Colexio sobre as 10:00h da mañá e voltaremos sobre as 16:30h (aproximadamente).

Neste día haberá servizo de transporte de forma ordinaria, pero aqueles pais/nais titores/as que o desexen tamén poderán recoller os seus fillos ás 16:30.

As actividades que se levarán a cabo serán as seguintes: Roteiros aos muíños (lendas e tradicións). Taller de cociña Xincana pola granxa para coñecer prantas, animais, construcións, usos e historia. Obradoiro artístico de cores e olores.

IMPORTANTE: os alumnos/as deberán traer a súa comida e bebida da casa (bocadillos, etc). O coste da actividade é de 16€ por neno/a.

 

Deste importe o Colexio subvencionará 6€, polo que cada familia deberá aportar 10€ a cada titor/a en concepto de entrada á Casa do Queixo, cando lle entregue firmada a correspondente autorización.

O Concello de Aranga correrá cos gastos do transporte de dita actividade.

Recordade que será OBRIGATORIO para poder acudir á saída, ter a correspondente AUTORIZACIÓN asinada polo pai/nai titor/a. Moitas gracias pola colaboración.

Minería, electrónica e mecánica en 5º e 6º de EP

Os días 15 e 22 de maio, o alumnado de 5º e 6º, ampliaron os seus coñecementos sobre minería, electrónica e mecánica, grazas as explicacións de Álvaro, un extraballador da central térmica de Meirama.

Gozaron comprobando a voltaxe dalgúns aparellos eléctricos, vendo que funcionalidade teñen os imáns, soldando con estaño e visualizando un video para saber como se extrae o carbón da mina e se transforma en electricidade.

Quedaron con ganas de máis!

Celebramos os Maios e o Día das Letras Galegas

Hoxe demos a benvida a primavera celebrando os Maios e realzando a figura de Francisco Fernández del Riego, o homenaxeado este ano polo día das Letras Galegas

Foi unha xornada festiva de celebración onde todos xuntos gozamos!

A lingua galega é un tesouro, unha parte esencial do noso patrimonio, que debe ser valorizada e transmitida ás futuras xeracións. Ao fomentar o galego nos máis pequenos, estamos a preservar e enriquecer a nosa identidade cultural.

A través do seu ensino, axudamos a promover a nosa cultura e a fortalecer a nosa conexión coa nosa terra e coas nosas raíces. Ao fomentar o galego nas aulas, estamos a empoderar os nosos estudantes para que se sintan orgullosos da súa lingua e da súa cultura.

Estamos a brindarlles a oportunidade de expresarse plenamente nun idioma propio, de comunicarse de maneira auténtica coa nosa comunidade e de abrir portas a novas oportunidades persoais e profesionais.

Ademais, o galego é unha ferramenta esencial para a comprensión e o coñecemento da nosa literatura, historia e tradición oral. Con cada palabra en galego, estamos a honrar a nosa literatura e a manter viva a chama da nosa creatividade.

Premendo aquí podedes ver todas as imaxes do día de hoxe.

Aprendemos sobre a pesca da troita

No día de hoxe visitounos David Arcay, 5 veces campeón do mundo de pesca. Grazas a axuda do Concello de Aranga, puidemos coñecer a pesca de río en profundidade. Ésta é unha experiencia educativa valiosa para o alumnado de educación primaria por varias razóns.

A pesca de río proporciona aos estudantes unha oportunidade inigualable de aprender sobre o medio ambiente e a ecoloxía dos ríos. Poden observar de preto a vida acuática e entender como diferentes especies interaccionan entre si e co seu entorno. Ademais, os estudantes poden aprender sobre a importancia de preservar os ecosistemas de auga doce e como a pesca responsable pode axudar a manter a saúde destes ecosistemas.

A pesca é unha actividade que implica unha serie de habilidades práticas que os estudantes poden aprender e desenvolver. Isto inclúe todo, dende o lanzamento do sedal ata a paciencia e a perseverancia necesarias para esperar que pique un peixe. Estas habilidades poden ser transferibles a outras áreas da vida dos estudantes.

No mundo dixital de hoxe, a pesca de río ofrece unha valiosa oportunidade para que os estudantes se desconecten dos seus dispositivos e pasen tempo na natureza. Esta conexión coa natureza pode axudar a fomentar un amor e respecto polo medio ambiente, o que é crucial nunha época de crecente concienciación sobre os problemas ambientais.

Festa da árbore, Santa Cruz de Aranga

No día de hoxe puidemos gozar dunha fermosa xornada festiva na Ponte de Aranga, toda a Comunidade Educativa reunida para celebrar a Santa Cruz de Aranga. 

Prantamos árbores ao carón do río e fixemos a solta dunha ave da rapiña, despois gozamos de moito baile, festa, ledicia, xogos, música e bo xantar nun lugar cheo de beleza.

Que ben o pasamos! 

Compartimos con todos vos un par de vídeos e imaxes, pero deixamos na galería moitas máis instantáneas desta xornada festiva nun fermosa contorna.

Agradecemos a gran participación por parte dos pais/nais e ao Concello de Aranga por toda a xestión e colaboración durante a saída.

 

Divertímonos con este circuito!

Traballar as capacidades físicas básicas en educación física é crucial para un desenvolvemento saudable e equilibrado dos estudantes. Estas habilidades son esenciais para mellorar a condición física, a saúde e o benestar xeral dos alumnos.

Unha forma divertida e eficaz de traballar estas capacidades é mediante a creación de circuitos de exercicios. Os circuitos ofrecen unha gran variedade de actividades, cada unha centrada nunha habilidade específica.

Aprendemos matemáticas cos cadernos interactivos!

Ademais das sumas, as restas e o cálculo mental, as táboas de multiplicar constitúen unha das bases fundamentais das matemáticas.

Os cadernos interactivos son unha ferramenta moi útil xa que promoven a creatividade e a orixinalidade, coa finalidade de que as clases deixen de ser aburridas e se active a aprendizaxe visual.

Deste xeito, practicar as táboas de multiplicar cun compañeiro ou cunha compañeira, dálles a oportunidade de traballar o cálculo mental dun xeito máis relaxado, polo que memorizan as operacións mellor, perden o medo ás táboas e gañan confianza.

Aquí vos deixamos unhas imaxes de como estiveron a traballar os nenos e nenas de 2° de Primaria, que ben o pasaron!

Xogamos ao Bádminton!

O bádminton é un deporte que, a pesar de non ser tan popular como o fútbol ou o baloncesto, ofrece múltiples beneficios para o desenvolvemento físico e mental dos nenos e nenas en idade escolar.

Incluir o bádminton é un deporte que ofrece múltiples beneficios para os alumnos de educación primaria, tanto a nivel físico como mental. A súa práctica axuda no desenvolvemento de habilidades físicas básicas, fomenta o traballo en equipo e a socialización, estimula a concentración e a toma de decisións, e promove un estilo de vida activo e saudable.

Distribuir contido


by Dr. Radut