Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Esforzo e traballo en equipo!

Comezamos o curso con enerxía e moitas gañas de esforzarnos e traballar en equipo, cos novos grupos de compañeiros/as en cada clase.

En EF estivemos a facer xogos cooperativos para fomentar valores como o esforzo e o traballo en equipo.

Todo isto é fundamental por varias razóns:

Desenvolvemento persoal e social: O esforzo e o traballo en equipo son dúas competencias clave para o desenvolvemento persoal e social dos nenos e nenas. Estes valores axudan a mellorar as súas habilidades de comunicación, a súa capacidade para resolver problemas e a súa autoestima.

Fomento do respecto e a tolerancia: Traballar en equipo require aprendizaxe para aceptar as diferenzas, valorar as opinións dos demais e respectar as regras. Estes son elementos fundamentais para a convivencia pacífica na sociedade.

Preparación para o futuro: No mundo laboral, valorase moito a capacidade de traballar en equipo e de esforzarse por alcanzar obxectivos. Por tanto, fomentar estes valores desde a infancia pode axudar aos nenos e nenas a ter éxito no futuro.

 

Horarios de outubro a maio

José Luis Pico Espiñeira, director do CEIP A Castellana, Aranga, comunícalles, que os horarios dende o mes de outubro a maio (ambos incluídos), serán os seguintes:

- Alumnos/as que NON teñen dereito ao transporte escolar:deberán de estar no colexio ás DEZ E CUARTO DA MAÑÁ e asimesmo, pola tarde, terán que recollelos ás CINCO MENOS CUARTO.

Os alumnos/as que voluntariamente non queiran utilizar o transporte, deberán estos mesmos horarios

 

NOTA: rógase o cumprimento de ditos horarios, para un mellor funcionamento do colexio.

Cordialmente, o director.

Xa queda pouco para voltar!

Ola a todos e todas, xa queda moi pouquiño para voltar ao colexio.

O vindeiro luns, 11 de setembro comeza a actividade lectiva, tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria.

Dende o grupo de mestres/as estamos desexando vervos de novo. 

Polo de agora, toca aproveitar os últimos días de vacacións e prepararse para un novo ano académico.

A mochila do vindeiro curso, veredes que levará a mesma ilusión de sempre e cheos de ledicia de volver a vernos todos e todas. 

 

Aviso importante para o 4 de xullo e 1 de setembro

José Luis Pico Espiñeira, director do CEIP A Castellana,recórdalles o seguinte:

  • O 4 de xullo (martes), todos os pais/nais ou titores/as deberán pasar polo centro educativo en horario de DEZ E MEDIA (10:30h) a DOCE da mañá (12:00h), para recoller os impresos de comedor e as axudas de libros e material escolar (a quen lle corresponda).
  • E asimesmo, o día 1 de setembro (venres), todos os pais/nais, titores/as deberán de entregar no colexio o impreso de comedor cuberto, en horario de DEZ E MEDIA (10:30h) a DOCE da mañá (12:00h).
  • As clases comezarán o vindeiro 11 de setembro (luns).

Cordialmente, o director.

Despedimos aos alumnos de 6º de EP!

Hoxe é un día triste no que todos e todas nos emocionamos ao relembrar toda a etapa que estes alumnos/as viviron neste centro.

Nove anos cheos de ledicia no que acompañamos a aprendizaxe deste nenos e nenas.

Grazas por todo e moita sorte nesta nova etapa!

O Colexio sempre terá as portas abertas para todos vós.

Brais, Sofía, Iker, Iván, Sara, Claudia, Raquel, Daniel, Lorenzo

 

G R A Z A S    P O R    T O D O 

PD: Tedes todas as imaxes na galería.

 

Xornada de contacto na natureza na Casa do Queixo!

Hoxe tivemos excursión de fin de curso, e pasámolo en grande en contacto ca natureza. Unha xornada na que gozamos de moitas actividades dentro da Granxa Escola.

Os alumnos/as fixeron un sin fin de actividades: Roteiros aos muíños (lendas e tradicións), taller de cociña Xincana pola granxa para coñecer prantas, animais, construcións, usos e historia, obradoiro artístico de cores e olores, etc

Sen dúbida un día de desconexión favorecendo as relacións sociais de todo o colexio. Dando un broche final ao curso académico, no que todos e todas foron unhos verdadeiros campións tanto a nivel académico como a nivel de comportamento. 

Compartimos con vós unha imaxe grupal e premendo aquí veredes as restantes imaxes tomadas na saída.

 

Bailamos e cantamos con Xoan Curiel!

No día de hoxe tivemos a gran sorte de ter a visita de Xoan Curiel, un artista que destaca pola súa creatividade e prolífica obra dentro do panorama musical galego. 

Cantante, compositor, músico, actor e director, desenvolve a súa carreira en Santiago de Compostela dende hai vinte anos. Camiña de disco en disco mudando de pel sen saber que cor vai ter o seguinte traballo, sempre experimentando con novas sonoridades, cores e ritmos. Como artista independente ten por bandeira a liberdade creativa e a evolución constante na artesanía da súa labor.

Compartimos algunhas das imaxes do día de hoxe, no que puidemos cantar e bailar con el; ademáis fíxonos un fermoso agasallo para Camacho e a nosa Biblioteca Escolar: o seu libro "Estamos no verán".

Agradecer ao Concello de Aranga pola súa colaboración.

Despedimos o curso cunha gran Verbena!

No día de hoxe, celebramos o festival de fin de curso e este ano fixemos unha homenaxe á Verbena de Galicia. 

A verbena galega é unha celebración tradicional que nos conecta coas nosas raíces, unha festa que fai vibrar os nosos corazóns coa súa música, baile e alegría. É unha oportunidade única para que os nosos alumnos mostren todo o que aprenden e se divirtan ao mesmo tempo.

Esta homenaxe á verbena galega non só promove a aprendizaxe dos nosos alumnos, senón tamén fomenta o amor pola nosa terra e a nosa identidade cultural. É unha ocasión especial para que as familias, profesores e a comunidade en xeral se reúnan e celebren a nosa tradición compartida.

Compartimos con todos vos o fermoso vídeo que nos quedou grazas á fantástica actuación destes pequenos grandes artistas!

Dende o equipo de mestres queremos agradecer a todas as familias pola asistencia ao festival e pola colaboración ao Concello de Aranga, na instalación do palco.

Deixamos todas as fotografías feitas hoxe, na galería de imaxes (Podedes velas premendo aquí).

 


Cups Song

Os compañeiros e compañeiras de 5° e 6° de Educación Primaria descubriron a través da materia de música un novo ritmo, e o máis incrible é que se pode facer cun instrumento moi sinxelo: un vaso.

Como lles saía moi ben, pensaron que sería boa idea poñerlle letra a ese ritmo, e así crear a súa propia versión desta canción.

Desde a materia de lingua estranxeira practicaron a letra en inglés, para a que contaron coa axuda de Noah, o auxiliar de conversa.

A continuación, deixámosvos o resultado de voz e ritmo que conseguiron os nenos e nenas. Esperamos que vos guste este marabilloso videoclip! Un forte aplauso para os artistas!

Festival fin de curso

Estimadas familias,

a celebración do festival de fin de curso que faremos este ano no colexio cos alumnos/as, consistirá e facerlle unha homenaxe á verbena galega.

Para iso, precisamos que de forma VOLUNTARIA aquelas familias e alumnos/as que así o desexen, veñan o día 15 de xuño, caracterizados con vestimenta e complementos de orquestra (brillantes, gafas, etc).

Queremos comunicar que poderán asistir as familias que o desexen no pabillón do centro educativo, este xoves 15 de xuño de 10:30 a 12:00 h da mañá.

Grazas pola colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut