Skip to Content

COMEDOR

Xornada culinaria italiana

 

 

O venres 19 de abril desfrutamos no comedor escolar dunha xornada culinaria adicada á comidad italiana.
Mirade que pratos tan ricos degustamos.

 

 

 

E para rematar, un pequeno agasallo coa receita do postre que comemos no comedor.

 

IV Campaña Come Local

Dentro da IV edición da Campaña Come Local, comezamos a desfrutar das primeiras hortalizas do noso provedor de agricultura ecolóxica.

Bo proveito!

 

Come local 2023

Este ano o noso colexio tivo o privilexio de ser escollido para participar na IV Edición da campaña "Come Local", co fin de promocionar os produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade.

Grazas a esta campaña, durante este curso escolar, poderemos degustar varios produtos galegos con certificado de calidade, contar co asesoramento dunha experta en nutrición para axudar a introducir os novos produtos nos nosos menús e, o noso alumnado, contará con accións formativas no centro sobre educación alimentaria (froitas de tempada, diversidade agrícola...)

Poderedes atopar máis información con respecto a esta nova campaña a desenvolver no centro a través das redes sociais.

@experienciasdecalidadedegalicia

@slowfoodcompostela

#comelcal2023#eatlocal2023

#GaliciaComeLocal

#campañacomelocal

 

PAGO DAS TAXAS DE COMEDOR

Os pagos das taxas de comedor podense aboar de forma telemática no seguinte enlace da Axencia Tributaria:

https://ovt.atriga.gal/

O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, COPIANDO OS DATOS QUE FIGURAN NA CARTA DE PAGO, QUE TERÁ QUE RECOLLER PRESENCIALMENTE NO CENTRO.

 Os pasos serían os seguintes:

1.- Acceder á dirección anterior en premer en cidadáns.

 

2.- Pago telemático de Taxas e Prezos

      Iniciar Taxa

      Acceso libre

 

3.- Iniciar tramitación electrónica.

 

4.- Introducir os datos de Taxa, que están recollidos na carta de pago.

 

5.- Introducir datos identificativos do pagador.

6.- Pago telemático.

7.- Selección de método de pago telemático

Nalgunhas modalidades de pagamento, as entidades colaboradoras poden esixir o pagamento dunha comisión pola prestación do servizo. 

Ao rematar o pago, a aplicación xerará un documento xustificativo do pago etiquetado como MODELO 730 en formato pdf, o cal nos deben achegar físicamente á Conserxería do centro.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut