Este ano o noso colexio tivo o privilexio de ser escollido para participar na IV Edición da campaña "Come Local", co fin de promocionar os produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade.

Grazas a esta campaña, durante este curso escolar, poderemos degustar varios produtos galegos con certificado de calidade, contar co asesoramento dunha experta en nutrición para axudar a introducir os novos produtos nos nosos menús e, o noso alumnado, contará con accións formativas no centro sobre educación alimentaria (froitas de tempada, diversidade agrícola...)
Poderedes atopar máis información con respecto a esta nova campaña a desenvolver no centro a través das redes sociais.
@experienciasdecalidadedegalicia
@slowfoodcompostela
#comelcal2023#eatlocal2023
#GaliciaComeLocal
#campañacomelocal