Estimadas familias:
Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro está aberto o prazo para reservar matrícula para aqueles/as alumnos/as de 6º E. Primaria que desexen continuar os seus estudos no IES Coruxo (centro adscrito).
Deben cumprimentar o impreso de reserva (Modelo ED550A) que poden recoller na secretaría do colexio e entregalo xunto cunha fotocopia do DNI do alumno/a ata o luns 8 de febreiro.
Tamén poden presentar a solicitude a través da aplicación "admisionalumnado"
https: //www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Os alumnos/as que pensen ir a outro centro escolar deberán entregar o impreso de admisión (Modelo ED550B) no centro escollido. Neste caso, o prazo de solicitude é do 1 ao 21 de marzo.
Máis información:
Orde do 18 de cembro de 2020 polo que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria e de bacheralato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código do procedemento ED550A e ED550B). (DOG Núm. 256 do 22 de decembro de 2020)
Ante calquera dúbida, podedes consultar en secretaría.
Un saúdo
IMPRESO RESERVA IES CORUXO CURSO 2022-23