Encántanos o Nadal!

Decoramos as clases con motivos navideños. Fixemos árbores con grafismos e bolas con ceras e purpurina, unha estrela en 3D para decorar a árbore da nosa casa e tamén unha postal cun abeto que se balancea... Desfrutamos moito facendo estas actividades!

 Como o último día teremos un intercambio de tarxetas cos padriños e madriñas de lectura, decoramos unha postal cun abeto feito con corazóns e tamén lle puxemos estrelas douradas e prateadas. Desexamos que lle guste moito aos nos@s padriños e madriñas.

Para o Mercadiño de Nadal elaboramos un tres en raia navideño decorando pedriñas con rotuladores e unha bolsa de tea. Quedounos moi chulo!

Boas festas!