Cara o espazo despegamos con moitas ganas e ilusión para ver os planetas, a lúa, as estrelas e algunha constelación.
Aquí na Terra un recanto do espazo temos con libros e tarxetas do universo, un gran puzzle do sistema solar e algunas cousas máis. Fixemos rochas e area lunar coas que nos encanta xogar.
Tamén seguimos coas regretas, o xeoplano, os contos, as cancións… Cada día unha aventura que vivimos con gran emoción.
Unha sorpresa tivemos cando a biblioteca se inaugurou e Carrás agasallos nos deixou. Unha contacontos nos visitou e a tod@s nos encantou.
No samaín lemos contos sobre pantasmas, cabazas e tamén cantamos cancións. Pintamos cabazas e un gato e en brux@s nos convertemos cun sombreiro que fixemos.
No magosto as castañas vimos asar e logo poidémolas degustar e tamén houbo música para bailar.
Da viaxe polo espazo seguiremos a desfrutar neste mes de decembro que xa vai comezar.