Skip to Content

Cursos e grupos, Ed. Infantil, 1º A, 2º , 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso A, Libros de texto, EI 3 anos, EI 4 anos, EI 5 anos, Programacións, EI , Sexto B

Semana polo Clima

Na vindeira semana do 23 ao 27 de setembro, o colexio participará na actividade extraescolar “Semana por el clima” proposta por “Teachers for future spain”, onde cada día faremos un acto para concienciar ao alumnado do cambio climático. As accións que se farán cada día son as seguintes:

 

Luns 23: “un minuto de silencio pola terra”

 

Martes 24: “levar unha camiseta verde á escola”

 

Mércores 25: “vídeo-forum Before the Flood”

 

Xoves 26: “Facer carteis polo clima”

 

Venres 27: “Parón no recreo cos carteis”

 

 

Poden descargar a nota informativa clicando neste link.

Reciban un cordial saúdo

 

 

 

EQUIPO DE EXTRAESCOLARES DO CEIP DE CARNOTA

 

REVISTA CURSO ESCOLAR 2018-2019

Hoxe puxemos fin a un curso escolar cheo de emocións.  Traballamos, aprendemos e pasámolo moi ben! Para que vos fagades unha idea, na nosa revista escolar deste curso recollemos algúns dos momentos vividos ao longo destes meses. Só tedes que pinchar na imaxe para acceder a ela!

"REFORMAS" NO PATIO

Aproveitando a participación dalgún do noso alumnado no proxecto "Carnota Amiga da Infancia" , propuxéronse melloras para dinamizar o noso recreo e facer do patio un lugar máis agradable neses momentos de lecer. Algunha desas propostas xa se acadaron e outras aínda están en proceso.

Mirade, mirade ....

                                                                                   

GRUPO DE TRABALLO EMOCIÓNS

Este ano parte do profesorado do CEIP de Carnota e da EEI do Viso fixeron un Grupo de Traballo sobre as Emocións.

Deixámosvos aquí unha pequena mostra:

                                                                                                   

Día Mundial da Síndrome de Down

O pasado 21 de abril conmemoramos no noso centro o Día Mundial da Síndrome de Down. A continuación achegámosvos un vídeo resumo das actividades que levamos a cabo: 

 

Día Mundial do Autismo

O pasado 2 de abril conmemoramos no noso centro o Día Mundial do Autismo. A continuación deixámosvos un vídeo das actividades realizadas ese día e tamén un conto e uns dípticos elaborados polo alumnado de 6º: 

 

 Para ver os dípticos podedes pinchar nos seguintes enlaces:

 

VISITA DE ADISBISMUR

Hoxe contamos no centro cunha agradable visita por parte da asociación ADISBISMUR (Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros) que nos trouxo tres marabillosas obras de teatro para representar.

Para o alumnado de Educación Infantil e os primeiros cursos de Educación Primaria (1º, 2º e 3º) as obras que representaron foron dúas: "A ratiña presumida" e "Orellas de bolboreta". Para os restantes cursos de Educación Primaria (4º, 5º e 6º), representaron outra obra diferente titulada: "Que apostamos?".

Sen lugar a dúbidas resultou ser unha experiencia moi positiva e enriquecedora para o centro. Por iso, dende o CEIP de Carnota queremos felicitar a esta asociación polo gran traballo realizado, así como tamén agradecerlle a súa colaboración con nós.

Día do Libro

O mércores 24 de abril, celebraremos o Día do Libro, coa actividade “Ler na rúa”. Como en cursos pasados, convidámolos a asistir e participar cunha pequena lectura.

 

 

 

A partir das 10:40 da mañá o alumnado acudirá aos espazos seguintes:

 

  • Educación infantil: Parque de San Gregorio.

  • Primeiro e Segundo de Primaria: Praza de Galicia (Miramar).

  • Terceiro e Cuarto de Primaria: Hórreo de Carnota .

  • Quinto e Sexto de Primaria: Adro da Igrexa.

 

 

 

Colabora con nós o Concello de Carnota e poderán acercarse a súa biblioteca para escoller un libro e participar na lectura.

 

Agardamos a súa participación.

 

Un saúdo. O Equipo da Biblioteca

 

Nota: Se a climatoloxía non é favorable , adiarase a actividade ao primeiro día lectivo que o tempo o permita.

 

CARNOTA EN NEGRO

O CEIP de Carnota participa na iniciativa Carnota en Negro que forma parte dunha proposta a nivel galego contra a Violencia de Xénero (podedes ampliar información sobre a Campaña Galicia en Negro clicando aquí).

Estamos a organizar varias actividades. Para o luns 26 N, o alumnado colgará unhas etiquetas con desexos relacionados coa fin da violencia de Xénero nas árbores da praza San Gregorio (si o tempo acompaña), acto ao que convidamos a familias e veciños.

Como adianto, este venres 23, coincidindo coa campaña comercial do Blak Friday o profesorado asistirá vestido con roupas de cor negra para facer visible que hai moitos días Black no tocante á violencia de Xénero. Gustaríanos que o noso alumnado tamén fora partícipe, polo que estaría ben que este venres asistiran ao centro vestindo con roupas de cor negra ou cunha camiseta de cor negro sobre a roupa.

Samaín 2018

 

 

 

O vindeiro mércores 31 de outubro festexaremos no centro o Samaín-Halloween e o Magosto. Coma tódolos anos, queremos contar coa súa colaboración para decorar o colexio con cabazas terroríficas. No presente curso estamos a traballar as emocións, polo que as CABAZAS terán que facer referencia a algunha emoción (medo, alegría, tristeza, rabia, calma ou amor).

 

As cabazas pódense traer a partires do luns 29 para evitar o seu deterioro.

NOTA SOBRE MATERIAL NECESARIO

 

Comezamos con forzas un curso máis!

Un curso máis xa estamos de volta! Este ano o CEIP de Carnota comeza en positivo e cun novo proxecto que xirará en torno ao tema das emocións. Por iso, titulámolo C+ (Carnota en positivo).

 A nosa mascota, Leocadia, este ano está emocionada e así recibe ao noso alumnado invintándoo a emocionarse con ela.

Como podedes ver nas imaxes que aparecerán a continuación, durante estas semanas xa lle estivemos dando vida aos corredores en relación coa temática do noso novo proxecto.

Para cubrir os murais inspirámonos no conto 'O monstro das cores' e todo o alumnado xa pasou a deixar as súas mensaxes en cada un deles.

Seguindo o conto, no amarelo cóntannos cando senten alegría; no azul cando senten tristeza; no verde cando senten calma; no negro cando senten enfando; e, por último, no vermello cando senten rabia.

Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o bonito que nos quedou!

PREMIOS MAREANDO HISTORIAS

NORABOA AOS GAÑADORES E GRAZAS POR PARTICIPAR A TOD@S!

EXPOSICIÓN LOIS AGULLEIRO

COMO CADA CURSO LOIS AGULLEIRO PRESÉNTANOS AS SÚAS OBRAS. 

COMO MELLORA COS ANOS ESTE ARTISTA!

PICTOGRAFIAMOS O COLE

As indicacións e apoios visuais son esencias para a autonomía do alumnado TEA e do alumnado que se incorpora ao centro por iso este curso pictografiamos as diferentes estancias do colexio para que poida ser máis visual e accesible.

Distribuir contido


by Dr. Radut