Skip to Content

ACTIVIDADES INGLÉS (16 a 30 de marzo)

 

Pinchade no voso libro e veredes as tarefas recomendadas para estes días

RECOMENDACIÓNS SOBRE O CORONAVIRUS

Estimadas familias.

Ante a situación de suspensión das actividades lectivas, queremos lembrar algunhas das recomendacións para tratar de evitar a expansión do corona virus. Nos gustaría telo feito dende o centro co alumnado pero a comunicación da suspensión das actividades lectivas pillounos por sorpresa e sen tempo de reacción.

A medida da supresión das actividades lectivas ten como finalidade evitar que o alumnado faga de transmisor do coronavirus. polo que é de sentido común evitar que os nenos e nenas esteán en contacto entre eles e  sobre todo con persoas de fora do ámbito familiar. Sería polo tanto aconsellable evitar as viaxes fora, acudir a centros comerciais, bares, cines,... e parques infantís. Pensade que está a retornar moita xente de fora, moitos deles procedentes de Madrid, por exemplo. Para ires facer a compra podemos evitar ir todos/as.

Recomendamos tamén o lavado das mans con frecuencia, con xabrón, durante 40 segundos alomenos e repasando ben toda a man.

Evitar tocarse a boca, os ollos e o nariz.

Ao tusir cubrirse a boca cun pano desbotable ou facelo contra o cóbado flexionado.

Evitar centros de saúde e hospitais na medida do posible.

En caso de ter contacto con persoas procedentes de zonas con alta incidencia da afección extremar as precaucións e estar atentos á sintomatoloxía.

En caso de síntomas (febre, tos seca, dificultades para respirar) dalgún membro da familia, contacta con número habilitado para elo: 900400016 ou 061 e seguir as indicacións. É importante sempre avisar da posible infección para que as autoridades sanitarias poidan tomar medidas contra a expansión na nosa contorna.

Lembramos que os expertos inciden na importancia no control da expansión do coronavirus, non só pola infección a que estamos expostos, pois o problema está tamén na saturación dos servizos sanitarios que pode levar ao colapso, polo que é responsabilidade de todos tomar medidas de precaución.

Lembramos que o centro permanecerá aberto para cuestións administrativas.

Calquera dúbida poden chamar directamente ao 881866795, número da dirección que estará desviado ao teléfono do director.

 

 

Escola de Nais e Pais - Charla Coloquio

Este mércores terá lugar a charla coloquio aprazada do 31 de xaneiro da Escola de Nais e Pais. Recomendamos a asistencia.

 

Proceso de admisión de alumnado curso 2020-2021

Informamos que a partires do día 1 de marzo e ata o día 23 do mesmo mes, estará aberto o prazo de admisión para novo alumnado nos centros públicos galegos.

Teñen máis información neste link á aplicación para a realización de dito proceso online (con acreditación dixital), ou ven poden descargar o formulario e entregalo no centro neste outro link: FORMULARIO SOLICITUDE DE ADMISIÓN  2020-2021.

Queremos salientar a importancia deste procedemento, pois a oferta para algúns dos niveis é pouca e de superaren a demanda, como no caso de 4º de Educación Infantil, estaríase en prazo de solicitar unha terceira unidade. Clik para consultar as vacantes.

A dirección

Novidades Abalar Móbil

Dispoñibles novas funcionalidades de comunicación en abalarMóbil

 

Desde o pasado mes de novembro, a aplicación abalarMóbil, que está dispoñible para os pais, nais e titores/as legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos, dispón novas canles de comunicación a través da mensaxería  nas súas tres opcións: privada, difusión para grupos e salas
 
A través deste novo servizo o profesorado poderá enviar unha mensaxe ás persoas responsables do alumnado, tanto de xeito individual como dun grupo completo e, opcionalmente, poderá permitir que as persoas responsables respondan á mensaxe iniciando así unha conversa con elas.
 
Desta forma, coas mensaxes privadas ou de difusión para grupos enviadas polo profesorado, as persoas responsables van poder comunicarse mantendo a privacidade. A única diferenza é que o profesorado vai poder personalizar os contidos, no caso da mensaxe privada, ou notificacións de interese para todo o grupo, no caso da difusión.
 
Pola súa parte, as mensaxes tipo sala, permiten crear novas comunicacións dirixidas ás persoas responsables do alumnado. Neste caso a selección faise por grupos completos e as respostas que se envían son visualizadas por cada integrante da sala que teña aceptado participar no chat.
 
Unha vez enviada a mensaxe, as persoas responsables que estean subscritas ás notificacións recibirán avisos push nos seus dispositivos móbiles.
 
Con estas novas funcionalidades preténdense abrir novas canles de comunicación entre o profesorado e as persoas responsables do alumnado.
 
Este novo servizo está dispoñible a partir da versión 1.3.3 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como iOS
 
Os usuarios que descarguen a aplicación van poder seguir consultando desde o seu dispositivo móbil as cualificacións, os horarios e materias, os avisos e incidencias, as faltas de conduta, así como a solicitude de citas de titoría ou a  xustificación das faltas de asistencia se o profesorado activa estas dúas funcionalidades.

O ESPAZO ABALAR

ESPAZO ABALAR, é unha ferramenta web que permite acceder a datos relativos á escolarización dos fillos e fillas ás familias. Diferénciase do ABALAR MÓBIL en que é máis amplo e permite máis funcións, pero precisamos dalgún método de identificación para acceder: DNIe ou certificado FNMT

Pódese descargar un manual neste link

Entroido 2020

Xa está chegando o Entroido.

Comezamos a semana cos mandados. Lembrade que son acumulativos.

Como este anos somos Carnosáns...

 

Día da Paz

RECEITAS PARA A PAZ

Día Internacional da discapacidade

25 de novembro: Non é Non

Lecturas 25N

Con motivo do 25N, dende a Biblioteca animámosvos a participar. Tedes AQUÍ a información.

Samaín e magosto 2019

Un día de xogos castañas e... un tempo de medo

 

Obxectos perdidos!!!

As prendas de roupa que aparecen nas imaxes non foron recoñecidas polo alumnado. A ver si dende as familias somos capaces de que volvan ao fogar.

 
 
     

REVISTA CURSO ESCOLAR 2018-2019

Hoxe puxemos fin a un curso escolar cheo de emocións.  Traballamos, aprendemos e pasámolo moi ben! Para que vos fagades unha idea, na nosa revista escolar deste curso recollemos algúns dos momentos vividos ao longo destes meses. Só tedes que pinchar na imaxe para acceder a ela!

Distribuir contido


by Dr. Radut